VIGO (MORRAZO-tribuna).- A Federación Veciñal “Eduardo Chao” comparte a preocupación manifestada pola Red Social Galicia Sur que urxe a posta en marcha dun albergue municipal para acoller ás persoas sen teito, enfermas e empobrecidas, especialmente necesario agora que chegan as baixas temperaturas e mal tempo.
Esta entidade lembra que "en Vigo dispoñemos no edificio da Gota de Leite, a carón do Concello, dunhas instalacións especialmente adecuadas para acoller o albergue público. Pedimos aos poderes públicos que se poñen de acordo e solucionen dunha vez os atrancos que impiden seguir adiante co proxecto de reutilización deste edificio como albergue; lembramos que na cidade non podemos falar de grandes obras nin de grandes logros se non temos antes garantidos uns servizos e dignidade mínimas para as persoas máis empobrecidas.
Rogamos aos gobernos que deixen a un lado partidismos e políticas de andar por casa e que poñan todos os medios para dar a resposta rápida e eficaz require esta situación de emerxencia social".