MARIN/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Un estudo da Misión Biolóxica de Galicia, centro de investigación do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) situado en Pontevedra, proba o alto valor nutricional e as propiedades anticanceríxenas e antioxidantes das nabizas e dos grelos. A investigación analiza como as condicións climatolóxicas condicionan as propiedades agronómicas e as características organolépticas (o sabor, a textura, etc) e como diferentes técnicas de cociñado afectan ás propiedades nutritivas. Deste xeito, establece as bases para mellorar as sementes en función dos condicionantes de cada lugar de cultivo e os modos de cociñado que permiten manter un maior valor nutricional.
O traballo de investigación conta con financiamento da Consellería de Innovación e Industria que, a través do Plan Galego de I+D+i 2006 – 2010 (INCITE), concedeu ao grupo de Mellora e Xenética de Brásicas da Misión Biolóxica, en 2006, un total de 80.000 euros no marco do Programa de Recursos Agropecuarios.
A Misión Biolóxica estuda desde hai anos os cultivos galegos dentro da familia das brásicas, centrándose en concreto nas nabizas e nos grelos por seren “o cultivo que pode ter máis interese para o consumidor galego e de fóra de Galiza”, como explica o investigador principal do proxecto, Pablo Velasco.
A principal conclusión é que “as nabizas e os grelos son alimentos funcionais”, é dicir, que pola súa composición resulta beneficiosa para a saúde en determinados aspectos. A característica que diferenza ás brásicas doutras familias de vexetais é a presenza de glucosinolatos. Estes elementos, ademais de proporcionar o sabor amargo ás plantas, teñen propiedades anticanceríxenas. “Existen numerosos estudos que relacionan o consumo de brásicas coa menor incidencia de diversos tipos de cancro, así como estudos in vitro e in vivo onde se demostra o efecto anticanceríxeno dos isotiocianatos, produtos de degradación dos glucosinolatos”, explica Pablo Velasco.
Alto contido en Calcio
Os grelos e as nabizas teñen un alto contido en Calcio, o que fai que sexan alimentos recomendables para persoas que padecen osteoporose e unha alternativa axeitada para organismos con intolerancia á lactosa. Outro dos beneficios para a saúde que achegan estes vexetais derívase das propiedades antioxidantes que proporciona a Vitamina C, outro dos elementos que conteñen.
O problema que se presenta para que estes elementos cheguen ao consumidor é que o procesado e a cocción dos alimentos fai que se perdan parte das propiedades. Pablo Velasco explica que ao cociñar os vexetais, unha parte dos elementos sinalados permanece no alimento, outra pérdese irremediablemente e unha terceira permanece na auga de cocción. “O consumidor pode atopar no caldo tras a cocción unha parte importante das propiedades do vexetal”, indica.
O estudo da Misión Biolóxica conclúe que, tendo en conta a permanencia na auga, no caso dos glucosinolatos a perda roldaría o 20-30%, xa que o 40-50% permanece na planta e un 30% máis da cantidade total deste elemento pasaría ao caldo. Sen embargo, no caso da vitamina C, “a perda acada case o cen por cen”, o que levou aos investigadores a experimentar diferentes técnicas para o cociñado, como a cocción a presión ou mediante microondas, para observar se esta perda se produce de todos os xeitos. As probas amosan que “canto máis alta sexa a temperatura e máis tempo permaneza o vexetal exposto a ela, maior será a perda de elementos”, como apunta Pablo Velasco.
Condicionantes no clima e na situación
O proxecto da Misión Biolóxica incluíu o estudo de diferentes variedades locais de nabizas e grelos cultivadas en Galiza e de como a climatoloxía condiciona o seu desenvolvemento. Como sinala Pablo Velasco, “non todas as variedades responden igual ao clima”, de xeito que saber en que condicións se acadarán mellores colleitas segundo a variedade axudará aos agricultores a optimizar a produción.
Aínda que puntualiza que cada variedade se adapta a diferentes circunstancias, o responsable da investigación explica as conclusións do proxecto en canto á climatoloxía óptima para o cultivo de grelos e nabizas: “Ao sementar está ben que haxa un pouco de calor, pero ante un outono demasiado cálido non reaccionan ben. Medran moi ben ao principio, pero poden ser atacadas por diferentes pragas de insectos, e logo son máis sensibles ao frío que chegará nos meses de inverno. O grelo e a nabiza desenvólvense ben en condicións de frío e humidade non extremos”.
Colaborar co sector empresarial
Ademais, segundo indica Pablo Velasco, o grupo de investigación espera contar coa colaboración do sector empresarial para a explotación dos resultados. As variedades de grelos e nabizas, ademais de ser locais son moi variables, e dentro dunha plantación feita coa mesma semente as plantas poden ter propiedades diversas ou florecer nun período diferente. A intención da Misión Biolóxica é que o interese de empresas por eliminar esta variabilidade faga que, entre as dúas partes, “se traballe para optimizar as sementes, acadando variedades estables, uniformes, melloradas e resistentes a pragas”, segundo indica Pablo Velasco.
Evitar os danos por parte de pragas e enfermidades é outra das liñas de traballo abertas na Misión Biolóxica. O investigador puntualiza que ao ser plantas de inverno non corren o risco de ser atacadas por lepidópteros, praga que abunda en Galiza sobre todo no verán. Sen embargo, a principal ameaza para grelos e nabizas e a “mosca da col” (Delia radicum), ademais dalgunhas enfermidades como as Xanthomonas campestris.