COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- O PPdeG despediu hoxe a Conselleira de Cultura con un “adeus Conselleira adeus” despois de formular unha pregunta sobre as razóns do cese do Secretario Xeral da Consellería. A Conselleira negouse a explicar os motivos que xustificaron o fulminante cese ante o que o voceiro de Cultura do Grupo Popular, Ignacio López-Chaves, reprochoulle a súa soberbia que lle impide explicar ao Parlamento as razóns do cese fulminante do alto cargo da súa Consellería.
“Foron catro anos en branco, un paréntese na xestión cultural en Galicia , algo que debemos esquecer canto antes e as actitudes excluíntes da Conselleira orixinaron conflitos e irregularidades que remataron coa división e ruptura dentro da mesma Consellería”. Para o PPdeG a Conselleira, xa en situación de interinidade, non só ten agora a oposición do Grupo Popular, senón tamén a do seu propio partido, o BNG, e do PSOE.
Esta perda de confianza é o punto álxido dunha mala xestión da cultura galega “con continuos despilfarros e favoritismos como a súa tónica xeral que ten que rematar canto antes” indicou o voceiro popular. Así mesmo López-Chaves indicou que “xa rematou o seu momento, xa tivo a súa oportunidade, adeus Conselleira adeus, vaise para maior tranquilidade da cultura do noso país”.