-
TOURIÑO SUBLIÑA QUE OS 11.000 MILLÓNS DE EUROS DAS MEDIDAS DE REACTIVACIÓN ECONÓMICA DO GOBERNO DE ESPAÑA ACHEGARÁN A GALICIA 774 MILLÓNS QUE PERMITIRÁN XERAR 20.000 NOVOS EMPREGOS.
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, subliñou hoxe que os 11.000 millóns de euros de dotación das medidas de reactivación económica do Goberno de España achegarán a Galicia 774 millóns de euros que permitirán xerar 20.000 novos empregos o ano que ven. Durante a súa visita esta mañá aos novos proxectos empresariais dos grupos Acebrón e Aural no polígono industrial de Penapurreira, nas Pontes, o máximo mandatario galego salientou a importancia do paquete de iniciativas presentado o xoves por José Luis Rodríguez Zapatero no Congreso, que destinarán 8.000 millóns para os concellos.
Trátase, segundo indicou Pérez Touriño, dun “fondo extraordinario para actuacións de execución inmediata no ámbito local” co obxectivo de “crear emprego e dinamizar a economía”. O presidente galego instou aos alcaldes a actuar con “axilidade” e “aproveitar a oportunidade” que representan os 480 millóns de euros que chegarán aos concellos galegos desde o Estado para desenvolver proxectos e crear 12.000 novos empregos no ano 2009.
O titular da Xunta salientou que o fondo extraordinario destinado aos concellos permitirá duplicar a capacidade investidora do conxunto das administracións locais ata chegar aos 8.000 millóns de euros. Touriño fixo especial fincapé na importancia do Plan integral para a automoción que se acordou crear o pasado martes na xuntanza que mantiveron en Santiago o ministro de Industria e os representantes das distintas autonomías afectadas pola situación do sector, e explicou que se porá en marcha o vindeiro mes de xaneiro e que o Goberno central achegará 800 millóns de euros para paliar “os graves problemas de emprego” que sofre o sector. Este plan, segundo indicou, complementará as “medidas directas para a automoción” activadas polo Goberno galego. O máximo mandatario galego salientou, por último, a inclusión no paquete de medidas anunciado por Zapatero de axudas de apoio á aplicación da Lei de dependencia, actuacións en materia ambiental e de I+D+i.

O PPdeG LAMENTA QUE TOURIÑO IGNORE O CRITERIO DO SECTOR DA AUTOMOCIÓN QUE LLE DÍ QUE AS SÚAS MEDIDAS NON SON AXEITADAS
O voceiro de Industria e Enerxía do Grupo Popular, Ángel Bernardo Tahoces, exhortou hoxe ao presidente da Xunta a que explique como pretende facer fronte ás serias ameazas que rodean ás empresas galegas do sector da automoción, tento en conta que a medida estrela anunciada esta semana polo Ministerio de Industria, co asentimento de Touriño, consistente na produción don coche eléctrico, suscita serias dúbidas, incluídas do propio sector.
Por unha banda -explicou Tahoces-, e aínda supoñendo que a idea fose viable, o coche eléctrico non estaría dispoñible ata dentro de catros anos, malia que a situación económica das empresas do sector é de tal gravidade que os empregos perigan de un mes para outro neste momento. Xunto cos problemas de viabilidade do proxecto, xorden cuestións paralelas non resoltas, como os puntos de repostaxe dos vehículos eléctricos (os equivalentes ás actuais estacións de servizo), xa que a actual rede eléctrica non dispón de capacidade para atender unha hipotética demanda elevada, nin para xerar tal volume de enerxía. Segundo a hipótese de Tahoces, esa demanda adicional podería ser mercada a Francia, que se atopa en condicións de asegurar esa subministración, procedente das súas centrais nucleares.
Ademais, a medida anunciada polo ministro de Industria e polo presidente da Xunta como panacea para crise da automoción galega ten pouco de novidade, xa que previamente fora ofrecida xa a Cataluña e a Castela e León.
Nunha rolda de prensa celebrada esta mañá no Parlamento, o deputado popular tildou de “chorrada” a ocorrencia do ministro de Industria, secundada por un posicionamento do presidente da Xunta que situou no ámbito da “tontería”.
Por unha banda, Bernardo Tahoces acusou a Sebastián e a Touriño de confundir os coches híbridos (combinan un motor eléctrico con un de combustión alimentado por combustibles tradicionais) cos vehículos eléctricos, que funcionan con alimentación eléctrica externa, mentres que, por outra, preguntou se o Goberno pretende tutelar os intereses xaponeses. O certo é que España non dispón actualmente de tecnoloxía para vehículos eléctricos, que está a ser desenvolvida maioritariamente por fabricantes xaponeses.
OCORRENCIAS PUNTUAIS
Esta sucesión de ideas inconexas revela, en opinión do PPdeG, que a Xunta e o Goberno central fían a solución da crise a ocorrencias puntuais que non teñan máis utilidade que a de conseguir protagonismo mediático. Proba diso, e que ningunha da longa nómina de medidas anunciadas por Touriño desde o inicio da crise foi levada á práctica en Galicia a día de hoxe.
Ademais, o deputado popular expresou serías dúbidas de que a fabricación dese hipotético coche eléctrico, no suposto que fose viable, poda beneficiar ás empresas do sector auxiliar da automoción que traballan en Galicia atendendo a demanda da industria de ensamblaxe de coches.
Tahoces preguntou tamén desde cando unha Administración pública se dedica a tomar decisións que competen en exclusiva ás empresas privadas, en referencia ao anuncio de que determinadas factorías se dedicarán, nun futuro próximo, a fabricar determinado tipo de vehículos. Ao seu xuízo, a misión da Administración debería centrarse en facilitar ás empresas os medios necesarios para que podan producir nas mellores condicións posibles e que podan comercializar os seus produtos, completando o ciclo económico.
Ao mesmo tempo, Tahoces cuestiona a oportunidade de destinar, desde a Xunta, 10 millóns de euros á formación do persoal da industria galega da automoción, dado que estes traballadores son os que teñen a máis elevada cualificación de todos os sectores que operan na industria galega.
Pola contra, o deputado popular insistiu na necesidade de concentrar os esforzos públicos na reactivación do consumo e na mellora da competitividade das empresas, como única solución viable para superar o p arón no que están sumidas as empresas da automoción galega.
REACTIVAR O CONSUMO E REDUCIR OS COSTES, PROPOSTAS DO PPdeG
Bernardo Tahoces recordou que fronte á ausencia de ideas da Xunta e do Goberno central, as propostas do PPdeG conxugan medidas para a reactivación do mercado (redución e/ou eliminación temporal do imposto de matriculacións, implantación dun Plan Prever, malia que o descarte o ministro Sebastián) con outras encamiñadas a reducir os custes de produción e apoiar a excelencia das empresas galegas que operan no sector.
Por iso, o PPdeG reitera a necesidade de que os Executivos central e autonómico traballen coordinadamente para implantar un plan de aforro enerxético que permita diminuír os custes de produción das empresas (polo tanto o prezos de venta dos coches) e para adiantar a posta en funcionamento do Centro de Excelencia en Electrónica para Vehículos Intelixentes (CETAG II), no marco do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia, e situar a Comunidade como líder en Europa en materia de electrónica aplicada á automoción.
Para o PPdeG, as diferentes medidas anunciadas ata o de agora pola Xunta teñen un marcado carácter electoralista e non serven parta resolver os problemas que ten plantexados o sector, senón que se limitan a aprazar a súa resolución ata o día seguinte ás Eleccións Autonómicas.
Neste escenario, o deputado popular cuestionou que o plan de Zapatero para apoiar a economía real conte tan só 11.000 M€, mentres que plan de rescate da banca dispoña de ata 30.000M€ para mercar activos financeiros e 100.000M€ en avais.