COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- A Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual e o Consorcio Audiovisual de Galicia, valora o papel do catálogo de actores e actrices de Galicia presentado pola AAAG na promoción do sector audiovisual dentro e fóra da comunidade. Destaca, ademais, o seu carácter pioneiro no resto do estado, ao tempo que felicita á asociación por ter entrado na web design by content 4.0 para a súa edición de 2009, a biblia do deseño web mundial.
O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, e o director-xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Nacho Varela, participaron na de presentación do novo catálogo on-line dos actores e actrices galegos. No acto participaron ademais o presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Vicente Montoto, e Camila Bossa, así como a delegada en Galicia da Fundación AISGE, Isabel Blanco.
O director xeral de Comunicación Audiovisual explicou que o catálogo é unha ferramenta “fundamental” na medida en que “contribúe a recoñecer a importancia dos actores na cadea de valor do sector audiovisual”. Son eles, destacou, “os que contribúen no feito de que unha produción audiovisual signifique algo para nós”.
O catálogo on-line da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), logo dun período de proba na páxina web da AAAG, principia o seu lanzamento con diversos actos dirixidos aos medios, institucións e empresas do sector audiovisual e das artes escénicas.
A iniciativa online foi recoñecida polo sector como unha ferramenta orixinal, innovadora, e de grande utilidade na promoción dos actores e actrices, que lle facilitará en gran medida o traballo ás produtoras.
Un dos valores engadidos do catálogo on-line é o de estar deseñado para a súa actualización permanente. As fotos, os vídeos de cada ficha, e os currículos, poden ser renovados e postos ó día constantemente. Todo elo implica un esforzo organizativo, de persoal, e económico, para a AAAG e para as entidades que fixeron posible este proxecto, entre elas a Secretaría Xeral de Comunicación.