28 noviembre 2008

LOUZÁN COMPROMETE A COLABORACIÓN DA DEPUTACIÓN PARA REMATAR O CENTRO DE AUTISTAS E MELLORAR OS ACCESOS Á EMPRESA CELTIC STORES EN MORAÑA

MORAÑA/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, comprometeu hoxe a colaboración da institución provincial coa Asociación de Pais de Personas con Trastorno do Espectro Autista (APACAF) no curso da visita xirada á vivenda que a entidade rehabilitou na antiga escola unitaria de A Braña (Alaxe-Moraña) para convertila nun centro de día e de residencia de personas autistas.
Na visita, Louzán estivo acompañado polo alcalde de Moraña, José Eiras, a vicepresidenta Teresa Pedrosa, a presidenta de APACAF, María José Fernández, e de directivos da asociación. O novo centro está destinado a personas adultas con discapacidade autista. No centro de día tén unha capacidade para 13 personas e dispón de 7 prazas para residencia. A intención da asociación é facer un centro de ambiente familiar onde os residentes desenvolvan tarefas de reciclaxe, textís, artesanais, etc.
As obras do novo centro xa están rematadas nun terreo cedido polo Concello de Moraña e con aportacións de Caixa Galicia, Vicepresidencia, a Fundación Once e Agader. APACAF pretende ahora rematar os traballos e dotar de mobiliario e equipamento ás dependencias para que poidan estar operativas no mes de xuño.
Louzán destacou que a Deputación é sensible con estes temas e lembrou o apoio que ven mantendo a entidades similares da provincia. Destacou o esforzo das familias para acometer o novo centro e agradeceu a colaboración do Concello de Moraña para ceder a escola. E asegurou que neste exercicio e no vindeiro, a Deputación colaborará cos equipamentos do centro tanto no mobiliario como dentro do plan provincial para dotar con 70 vehículos a asociacións de servizos sociais e clubes da provincia.
Accesos a Celtic Stores
Na súa visita a Moraña, o presidente da Deputación fixo un percorrido pola empresa Celtic Stores SL, adicada ó sector textil (fabricación de cortinas e elementos de decoración). A empresa, de propietarios galegos, conta con 350 traballadores (o 60% mulleres) e tén ramificacións internacionais. Radicouse no ano 2000 en Moraña nunhas instalacións de 7.000 metros cadrados onde realiza dúas novas liñas de producción: cortinas plegables e enrollables.
Na súa visita, Louzán anunciou que a Deputación levará a cabo diversas melloras nas infraestructuras do entorno e de acceso á fabrica tendo en conta a preocupación da institución polos sectores que xeneran riqueza e emprego <ós que hai que apoiar agora máis que nunca pola crise>, dixo. No seu percorrido polas instalacións de Celtic Stores SL, anunciou posible participación da empresa en distintas obras que a Deputación tén en marcha, como o Museo de Pontevedra e outras edificacións.