MOS/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O secretario de Política Municipal do BNG, Roberto Mera, acusa a Alberto Núñez Feijoo, presidente do PPdeG e a Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra de ser os “avalistas e últimos responsábeis” da moción de censura que o PP vén de presentar no concello de Mos. “É sabido que Nidia Arévalo, quen vai ser a nova alcaldesa, é unha persoa da máxima confianza de Louzán; e é sabido tamén que Feijoo, como presidente do PPdeG, é quen ten a última palabra”, asegura.
“Quen avala unha operación política que despreza a vontade do pobo non debe chegar a ser presidente dos galegos e das galegas”, asegura Mera. “Isto é un incumprimento do pacto antitransfuguismo co cal o PP e Núñez Feijoo amosan a súa verdadeira cara. Son auténticos profesionais da moción de censura, que promoven o transfuguismo e mercan vontades, como puidemos ver en Pobra de Trives, Calvos de Randín e agora en Mos; e como tentaron facer xa en Sada e no Porriño”, asegura Roberto Mera. “A súa palabra non ten valor nin credibilidade”.
“Esta moción de censura é absolutamente inxustificada”, sinala Mera. “No concello estaba a funcionar un goberno de coalición no cal o BNG suplía con esforzo e dedicación a retirada de salarios provocada polo Partido Popular. “É unha falta de respecto aos cidadáns de Mos porque se viola a súa decisión democrática nas urnas”, enfatizou.