VIGO (MORRAZO-tribuna).- O elevado prezo das prazas de garaxe para residentes: un expolio á cidadanía. Federación Veciñal “Eduardo Chao” considera desorbitados os prezos que Concello e concesionarias queren pactar para as prazas de residentes dos futuros aparcadoiros. O custe destas concesións por 50 anos ronda o prezo de mercado dunha praza de garaxe en zonas como Coia ou Jenaro de la Fuente, e incluso supera con moito outros baremos como o prezo máximo superior estipulado para as prazas de garaxe de Vivenda de Protección Autonómica de Prezo Xeral (VPA) nas grandes cidades non superior aos 21.000 euros.
Para la FAVEC, "es un auténtico expolio á cidadanía que se utilice terreo público para construír aparcadoiros cuns prezos prohibitivos aos que non ten acceso a propia veciñanza das zonas afectadas. As futuras humanizacións na superficie dos aparcadoiros e contorna eliminan centos de prazas de estacionamento, algo que para os residentes de zonas como Calvario, con construcións antiguas e onde as casas non teñen baixos para garaxes, supón un grave problema á hora de buscar aparcamento, cal é entón a solución para que os residentes estacionen os seus vehículos? Pasar por caixa? A que prezo? Que a cidadanía afectada teña que soportar durante anos as continuas molestias e prexuízos causados polas obras para ver como perde a posibilidade de poder deixar o seu coche na rúa parécenos un abuso e un auténtico despropósito, sobre todo porque quen non ten máis remedio que deixar o seu vehículo na rúa é precisamente quen non ten cartos para costearse unha praza de garaxe".
Escrito de rectificación
A FAVEC cursará escrito ao Concello de Vigo para solicitar unha rebaixa deste servizo; para que canto antes rectifique na súa intención de aplicar nas prazas de residentes unhas tarifas desmesuradas e que recapacite e prime o servizo á cidadanía fronte aos ingresos millonarios para as empresas promotoras dos aparcadoiros.