PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna).- A organización xuveníl Galiza Nova de Ponteareas organiza para este fin de semana varios actos para conmemorar a celebración do Día Mundial da Loita contra a Sida.
Así, este sábado 29 repartiranse nos locais de marcha de Ponteareas folletos informativos sobre sexualidade, enfermidades de transmisión sexual e sobre a SIDA. “O noso obxectivo é informar á mocidade sobre unha sexualidade segura, fomentando o dereito humano á saúde sexual sen riscos, recoñecido pola Organización Mundial da Saúde”, indicou Yanara Porto, Responsable Local de Galiza Nova.
Ademais, “De marcha con seguridade” repartirá durante a noite do sábado 2500 preservativos entre os locais que colaboran na actividade.
O domingo 30, na Praza Maior, entre as 16:30h e as 18:30h, instalarase un posto informativo sobre a actividade, onde tamén se repartirá información ao público e lazos vermellos, símbolo da loita contra a Sida.
Galiza Nova recorda que hoxe en día aínda estamos lonxe de que a mocidade teña toda a información que precisa e as enfermidades de transmisión sexual e os embarazados non desexados son parte da realidade, en moitos casos froito de falsos mitos e desinformación.