A POBRA DO CARAMIÑAL (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, anunciou hoxe que o Goberno galego investirá o ano que vén preto de 23 millóns de euros en mellorar a comercialización dos produtos do mar. O titular do Goberno autonómico considerou que ademais de introducir melloras no tecido produtivo, cómpre traballar para “gañar en valor” e facer máis rendible o sector da pesca, algo que o Executivo autonómico considera “fundamental”, dixo.
Pérez Touriño, que visitou o novo punto de comercialización da Confraría da Pobra de Caramiñal, e presidiu a toma de posesión de Manuel Maneiro como patrón maior da mesma, puxo en valor o compromiso do seu executivo co sector pesqueiro. Así, avanzou que entre os anos 2009 e 2013 a Xunta “apoiará as accións colectivas dos profesionais do mar, destinando un total de 80 millóns de euros de investimento público entre axudas do Fondo Europeo de Pesca e da Comunidade Autónoma”.
Estas accións, consonte explicou, consistirán en actividades organizadas polo propio sector para a mellora da xestión dos recursos, das condicións de traballo e de seguridade, a comercialización e os equipos e infraestruturas de produción, transformación e comercialización.
O xefe do Executivo autonómico destacou que o Goberno galego aposta por “un modelo de xestión do sector pesqueiro dirixido fundamentalmente ás persoas”, a mellorar as condicións de vida e traballo dos profesionais do mar, pero ao mesmo tempo cara a un modelo de “pesca sustentable de comercio responsable e de equilibrio”. O titular do Goberno galego resaltou que eses principios quedan fixados na nova Lei de Pesca que onte foi aprobada polo Parlamento galego e que vén acabar, dixo, “con leis ancladas no pasado e con normas distorsionadas e aloxadas da realidade”.
O máximo mandatario autonómico, que durante o acto estivo acompañado da conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego, sinalou que a Lei de Pesca deroga as diversas leis que ata agora rexían a actividade pesqueira en Galicia e que formaban un marco normativo “fragmentado e pouco preciso”. Fronte a isto, Pérez Touriño destacou que a Lei de Pesca permítelle a Galicia “por vez primeira” regular nun texto único todas as materias marítimo-pesqueiras.