PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, reivindicou esta tarde, na entrega dos Premios á Cultura 2008, que estes galardóns teñen a vontade de distinguir a persoas da provincia que crean, organizan e transmiten cultura e creatividade porque “non só posibilitan a conservación dun patrimonio de gran importancia senón que impulsan un xeito de entender a cultura e a investigación como un elemento de participación e decisión sumamente enriquecedor para os cidadáns”.
Para o titular da institución provincial “dende a Deputación de Pontevedra, somos conscientes de que unha das claves do futuro de Galicia e da nosa provincia está na educación, na investigación e na cultura, entendida ésta nas dúas facetas da Cultura da Creatividade e da Cultura da Vida Cotidián”.
Neste senso, Rafael Louzán reafirmou, no seu discurso de clausura, o compromiso da Deputación coa arte máis xoven a través do certame Novos Valores, e dos Premios á Investigación. Así mesmo, recordou que a institución apoia a entidades significativas do panorama galego e español, como o MARCO de Vigo, a Fundación Laxeiro ou, entre outros, o Museo de Pontevedra. ademais de respaldar a escritores locais a través do Servizo de Publicacións. “Somos a única institución pública que beca a formación dos artistas a través de seis bolsas, de seis mil euros cada unha”, afirmou Louzán.
Os Premios á Cultura 2008 distinguiron á Asociación Dúos Pontes pola súa traxectoria Cultural. Esta entidade, constituída no ano 1942, ten como obxectivo espallar a nosa cultura tradicional, desenvolvendo unha incesante labor de investigación e divulgación das cancións, música, bailes, danzas e vestiario galegos.
Á Mancomunidade do Salnés, pola protección e recuperación de muíños situados entre Meis, Meaño e Ribadumia, de máis de 50 elementos etnográficos, así como das marxes fluviais e zonas de gran interese medioambiental que se atopaban en situación de abandono total.
Ó Museo Etnográfico Casa do Patrón de Lalín na modalidade de proxecto cultural máis innovador. Esta entidade ven desenvolvendo desde hai 12 anos un importante labor de recuperación da cultura e a etnografía galega, así como a promoción do turismo rural neste municipio. Conta con tres edificios nos que se distribúen 14 salas de exposición permanente de máis de 3.000 pezas, procedentes de toda Galicia.
Finalmente, a Coral Casablanca de Vigo recibiu o premio César Dios-Diosiño. Trátase da coral máis antiga da cidade, foi fundada en 1957, teñen actuado en Galicia, Portugal, Asturias, Euskadi, Aragón, León, Canarias, Cataluña, Madrid, Alicante, ademais de Bélxica, Francia e Alemaña. Obtivo importantes premios en diferentes certames entre os que destacan o “Polifonía de Torrevieja”, “Dirección de Radio Televisión Española”, “Canción del mar de Ferrol”, “XI Certamen Coral de Ferrol”, “Reconquista de Vigo” ou “Festival Celta de L’Orient”.
Os Novos Valores
No acto celebrado hoxe entregáronse tamén os premios-becas Novos Valores a Juan Francisco Varela Martínez polo traballo “Tótem” na modalidade de escultura; Tamara Feijoo Cid en debuxo pola obra “Gabinete de Curiosidades”; José María Fernández Cárcamo en pintura polo traballo “S/T”; Sonia Tourón Estévez na modalidade de fotografía por “Acción como cuadro conteptural”; e finalmente, Eduardo Manuel Outeiro Ferreño recibiu o premio José Fernández López de pintura.
Seis premios de investigación
Do mesmo xeito, foron entregados hoxe os Premios á Investigación que recolleron Rita González Villanueva pola súa tese de licenciatura “Evolución fisicográfica da liña de costa da Bahía de Baiona: interacción entre procesos naturais e antrópicos a escala anual e decadal”.
Xosé Manuel Sánchez pola tese de doutoramento “A igrexa de Santiago e o Pontificado na Idade Media”; Milagros Vivel Búa polo traballo de investigación xuvenil “cobertura do risco de cambio transaccional co produtos derivados e débeda en divisa: factores determinantes para o mercado español”.
E finalmente, Ana María González Ferández pola tese “Xenética de xeracións segregantes de xudía común mediante amrcadores bioquímicos e caracteres fenotíficos de semente”; e Serrana Mercedes Rial García polo seu traballo “As idades e os ciclos da vida das mulleres galegas. Historia cotiá, estratificación social e relacións de xénero durante a idade moderna”.
O importe total do conxunto de todos estes premios (Novos Valores; Premios á Investigación; e Premios á Cultura) ascende a 87.000 euros.