A GUARDA (MORRAZO-tribuna).- Dende esta semana a Guarda xa conta cun local de ensaio para grupos musicais. Cúmprese así o compromiso adquirido polo Alcalde e o Concelleiro de Cultura, fai algo menos dun ano, diante de representantes da plataforma “locais de ensaio”, nunha reunión mantida en decembro de 2007.
A empresa que viña realizando de adecuación do espazo para local de ensaio nas instalacións do antigo Colexio Sinde xa fixo a entrega das obras no Concello. Agora solo quedan cuestións administrativas e protocolarias para os grupos poidan empezar a usar o local de maneira efectiva.
Está previsto que responsables da Dirección Xeral de Xuventude se acheguen as instalacións, durante o mes de decembro, para a inauguración do local.
Está previsto que responsables da Dirección Xeral de Xuventude se acheguen as instalacións, durante o mes de decembro, para a inauguración do local.
Dende o Concello da Guarda, o concelleiro Lomba indicou que "queremos mostrar a nosa satisfacción por levar a feliz termino a colaboración ca Dirección Xeral de Xuventude que permite que dispoñamos na Vila desta instalación que moitos grupos musicais levaban tempo demandando".
A inversión total para esta dotación cultural que cubre as partidas correspondentes a obra civil e equipamento é de 56.000 euros.
A inversión total para esta dotación cultural que cubre as partidas correspondentes a obra civil e equipamento é de 56.000 euros.
O local de ensaio cumpre ca normativa correspondente, en canto a illamento e acondicionamento acústico, para este tipo de instalacións. Está dotado dun sistema de ventilación e dispón dos equipamentos necesarios: micrófonos, amplificadores, batería, mesa de mezclas, ordenador, caixas acústicas, etc. Dispón de dous espazos, unha sala de ensaio e unha sala de control perfectamente illadas entre si. Os aforos previstos no proxecto para estas salas son de 12 persoas na de ensaio e 4 na de control.
A responsable da OMIX do concello da Guarda será a encargada de coordinar e supervisar o uso desta nova instalación para que poida ser usada cas máximas garantías por todos aqueles grupos que o demanden.