COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- A lei de servizos sociais promovida polo Goberno bipartito e que hoxe rematou a súa tramitación parlamentaria non só non responde ás expectativas xeradas, nin ás necesidades reais da Comunidade Autónoma, senón que tampouco garante prestacións aos cidadáns e se limita a crear falsas expectativas, como xa sucedeu coa Lei de Dependencia. Foi a conclusión expresada pola voceira de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, que interpreta que esta nova lei se suma á nómina de leis do bipartito que responden máis a unha estratexia de imaxe e propaganda que a unha intención real de solucionar problemas por parte da actual Xunta.
A deputada popular explicou que a nova lei se limita a efectuar unha declaración de intencións, pero sen garantía algunha que blinde o dereito de que os galegos en situación de desigualdade poidan esixir e acceder sen demoras a servizos e prestacións que os encamiñen cara unha vida integrada e normalizada. De feito, tal e como foi redactada, a lei non recoñece explicitamente os dereitos das persoas ás que vai dirixida.
As eivas da lei de Servizos Sociais son similares ás da Lei de Dependencia, aprobada hai dous anos e coa que a Xunta creou falsas expectativas entre os máis de 100.000 dependentes galegos. Lamentablemente, a Lei de Dependencia, en vigor desde xaneiro de 2007, estase a desenvolver en Galicia cun notable retraso e ineficiencia. Este antecedente sitúa ao PPdeG en alerta sobre a necesidade de que as leis se elaboren contemplando plenas garantías de aplicación real.
Ademais, Rodríguez Arias recordou que o bipartito elaborou esta lei con retraso respecto aos compromisos iniciais, xa que tanto Quintana como o Touriño se comprometeron a remitila á Cámara no primeiro trimestre de 2007, e non o fixeron ata ano e medio despois.
A deputada popular recoñeceu a necesidade de efectuar unha ordenación eficaz dos servizos sociais, pola propia transformación e a evolución das necesidades sociais nos últimos tempos, que obriga a unha actualización das políticas públicas de benestar, tanto en Galicia, como en todo o Estado.
Sen embargo, a lei aprobada hoxe limítase a realizar unha estruturación do sistema de servizos sociais, establecendo unha serie de instrumentos, como a Axencia de Servizos Sociais, pero con plantexamentos e regulación moi limitados, sen que deles se desprenda unha idea de utilidade e eficacia reais. Resulta, pola contra, unha excesiva burocracia que limita o acceso dos cidadáns aos servizos sociais.
MÁIS CHIRINGUITOS
Así, mentres a Xunta anuncia un freo á creación de entes públicos, a lei de servizos sociais abre a porta á posta en marcha de novos chiringuitos administrativos, como o Instituto de Servizos Sociais, que escaparán ao control do Parlamento e permiten unha xestión discrecional e de elevado custe.
Neste sentido, Rodríguez Arias apuntou que os galegos que precisan deses servizos “non necesitan máis teorías nin máis órganos; necesitan eficacia, axilidade e boa xestión dos recursos para que eles poidan recibir o que lles corresponde. E iso non o garante esta Lei”.
COMPROMISO DE PRÓXIMA REFORMA
O Grupo Popular abstívose na votación da lei de Servizos Sociais “porque prexudica máis un baleiro legal que unha mala lei”. Nun exercicio de responsabilidade e solidariedade cos cidadáns galegos que non poden agardar máis por unha reforma normativa e precisan mellorar a súa calidade de vida, os populares galegos optaron pola abstención, por entender que tampouco poden apoiar un texto que non responde ás necesidades reais dos galegos, busca consolidar o modelo clientelar iniciado co Consorcio Galego de Servizos Sociais e xurde desde a minoría de 13 deputados do BNG que a pretende impoñer ao conxunto da sociedade galega.
Proba diso é que das 60 emendas formuladas polo PPdeG, os socios da Xunta só aceptaron 5 (sobre cuestións menores) ademais de rexeitar as propostas efectuadas desde os diferentes colectivos que operan en Galicia no ámbito dos servizos sociais.
Rodríguez Arias avanzou que en canto o PPdeG chegue á Xunta, promoverá unha reforma da lei aprobada hoxe, contando coas achegas de todo o movemento asociativo de Galicia, e para garantir os dereitos dos afectados. Entre as novidades que introducirá a futura lei do PPdeG figura un protocolo de tratamento urxente en materia de servizos sociais, que permita superar os longos atrancos burocráticos aos que teñen que someterse actualmente os usuarios, o que provoca que moitas persoas (maiores ou dependentes) falezan antes de que lles sexa recoñecida a prestación solicitada.