10 diciembre 2008

Deputación axuda a instalar un elevador no Centro Cultural de Xinzo (Ponteareas)

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Casa Cultural de Xinzo, no Concello de Ponteareas, recibirá da Deputación unha axuda de 29.568,40 euros para as obras de instalación dun ascensor e dun salvaescaleiras. O goberno da Deputación aprobou hoxe este recoñecemento de créditos.

O obxecto desta axuda e permitir o acceso a todas as plantas aos usuarios do centro cultural que teñan problemas de mobilidade. Devandita casa cultural ten o primeira planta unha axencia parroquial de lectura e unha biblioteca parroquial, á que acoden moitas persoas. Con la instalación dun ascensor e dun salvaescaleiras permitirase a supresión das barreiras arquitectónicas e o acceso a todas as plantas ás persoas con mobilidade reducida.

Na xunta de goberno que hoxe celebrou o goberno provincial, acordouse tamén aprobar outro recoñecemento extraxudicial de créditos por importe de 29.956 euros a favor do Concello de Ponteareas para instalacións de alumeados.