03 diciembre 2008

El BNG se va a Bruselas al frente de una Comisión que quiere hablar de Pesca sin el filtro de Madrid

BRUSELAS/COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna) .- Unha delegación galega formada por representantes de distintos sectores produtivos e organizada acude os días mércores 3 e xoves 4 a Bruxelas para manter reunións con diversos directivos comunitarios, entre os que destaca Joe Borg, comisario de Pesca.
A reunión con Borg terá lugar ás 10.30 do xoves e a ela asistirán, por parte do BNG, Olaia Fernández Davila, deputada no Congreso; Bieito Lobeira, deputado no Parlamento Galego e responsábel de asuntos de Pesca e Ana Miranda, representante do BNG-Galeuscat en Bruxelas e como membros da delegación convidada, Xavier Aboi Pérez, representante da CIG-Mar; Joaquín Gómez Blanco, patrón da frota conxeladora en NAFO; Xosé Ríos Vázquez, membro do Consello Regulador Mexillón de Galiza; Torcuato Teixeira Valoria, secretario xeral da Organización Productos pesqueiros PESCAGALICIA e da flota do Gransol; e Miguel Anxo Pazos Barros, patrón maior de Pontevedra e mariscador. A mesma delegación entrevistarase posteriormente, ás 15.00 horas, co Xefe de Unidade de Política Común da Pesca e Acuicultura da Dirección Xeral de Pesca, o galego Ernesto Penas Lado.
Sobre este tema deu esta mañá unha rolda de prensa Bieito Lobeira na sede nacional do BNG -acompañado por algúns membros da delegación-, na que anunciou que os representantes do sector “empregarán esta visita para falar coas institucións europeas sen o filtro de Madrid”. Lembrou que Galiza, “aínda que non o queiran recoñecer, é o primeiro territorio da Unión máis dependente da pesca”, e criticou o trato negativo sufrido polo sector pesqueiro galego tras 20 anos de integración no mercado común.
Así mesmo, de cara á decisiva reunión do consello de ministros de Pesca, anunciou algunhas das reivindicacións que van plantexar os nacionalistas, como reclamar que as axudas por paro biolóxico cheguen aos tripulantes e non só aos armadores; aumentar as cotas de pescada e peixe sapo no Gran Sol e eliminar o veto á flota galega no acordo de pesca con Grenlandia