15 diciembre 2008

El PP ve temeraria la posible explotación y crianza del salmón en jaulas en aguas de las rías gallegas

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O voceiro de Pesca do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, reclamou hoxe un compromiso expreso da Xunta que garanta que as rías galegas quedarán libres de cultivos de salmón en xaulas, dados os riscos que tal actividade implica para estes delicados ecosistemas. Balseiro formulou esta petición nunha rolda de prensa celebrada na tarde de hoxe en Vilagarcía, onde compareceu acompañado polo voceiro municipal do PPdeG nese concello Tomás Fole, e pola tamén deputada popular Marta Rodríguez Arias.

O responsable de Pesca do Grupo Popular enmarcou a introducción de salmóns en cautividade na ría de Arousa na “sucesión de despropósitos de imposible xustificación” por parte do bipartito autonómico, malia que todos os axentes do sector pesqueiro, incluída a comunidade científica, bateeiros e confrarías de pescadores, coinciden en chamar a atención sobre o risco real que supón esta práctica experimental.

EN CONTRA DE POÑER EN PERIGO O MELLOR MARISCO DO MUNDO

Para Balseiro, os produtos utilizados para a cría de salmón en cautividade –como pensos, medicamentos, hormonas e outros- poden acabar prexudicando ao peixe e o marisco que se produce nas rías galegas, caracterizado pola súa elevada calidade. “Non aceptamos que se poña en perigo o mellor marisco do mundo”, aseverou o voceiro de Pesca do PPdeG.

Ao seu xuízo, non resulta crible que a Consellería de Pesca non teña constancia do risco que entraña o cultivo de salmón en cautividade nas rías galegas, ao tempo que puxo de manifesto, que, ao remate da actual lexislatura, o bipartito autonómico, “esgotado e sen rumbo, ten aínda unha conta pendente” cos milleiros de pescadores e mariscadores galegos, que non se saldará mentres non se abandone definitivamente calquera experimento deste tipo.

O deputado popular tamén chamou a atención sobre as constantes contradiccións da Consellería de Pesca, que inicialmente permitiu a instalación das xaulas para o cultivo de salmón, para, posteriormente, negar a concesión á empresa promotora do proxecto, pero sen despexar a dúbida de se permitirá, ou non, a consolidación deste actividade.

Esta sucesión de contradiccións e descontrol administrativo podería acabar por pasar unha “factura carísima a tódolos galegos” xa que, segundo recoñeceu a propia Consellería de Pesca en conversas con representantes do sector, a empresa afectada podería reclamar unha indemnización de máis de un millón de euros con concepto de danos e prexuízos.

De confirmarse este suposto, Balseiro adintou que o PPdeG non aceptará que a indemnización sexa aboada con cargo aos presupostos autonómicos posto que, na súa opinión, o custe dese “disparatado experimento” debería ser asumido directamente polos responsables políticos que autorizaron a posta en marcha do proxecto.