06 diciembre 2008

El PP vuelve a hablar de engaño electoral del PSOE en el caso del nuevo hospital de Vigo

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Para o deputado López-Chaves, o Secretario Xeral do Sergas, Cayetano Rodríguez, recoñeceu no Parlamento que as cantidades que aparecen nos presupostos da Xunta do presente ano de 2008, cunha programación plurianual, para o novo Hospital de Vigo non son certas.
O PPdeG, segundo indicou o deputado Ignacio López-Chaves, sempre denunciou que as cantidades que mencionaban eran inventadas e que non tiñan respaldo presupuestario “algo que recoñeceu o Secretario Xeral no Parlamento ao afirmar que o Sergas nunca tivo presupostada esa cantidade para o Hospital”.

O PPdeG denuncia que estas declaracións amosan o engano co novo Hospital de Vigo e a súa financiación, ao recoñecer que nas cifras que aparecen nos presupostos da Xunta para os anos 2009 e seguintes son falsos.

O deputado Ignacio López-Chaves indicou que o Secretario Xeral tampouco supo contestar se está asegurado o abastecemento de auga ao novo Hospital, que implica un incremento do 2% da demanda total de auga a Vigo, a pesares de que o deputado popular insistiu en que explicara como se iba asegurar ese abastecemento.

O PPdeG denuncia que o proxecto do novo Hospital está “en pañales, non saben si esta garantido o abastecemento de auga, non saben que procedemento de expropiación utilizar, non está concluído o proxecto sectorial, non saben como se conectará cos sistemas xerais e non saben como se financiará”.

A DATA DO 2012 COMO ENGANO ELECTORAL

López-Chaves indicou na súa intervención que a data do 2012 é un engano electoral, xa que saben que non estará lista “pero manterán esa data ata as eleccións como fixeron coa inexistencia da crise ata as eleccións xerais”. A data “é un engano e o saben pero o seguirán a repetir ata as eleccións”.

Segundo o deputado popular o Secretario Xeral do Sergas tampouco supo confirmar canto se va a dedicar nos próximos anos para o Hospital, nin cal vai a ser o modelo de financiación. “Curiosamente para o ano 2009 o diñeiro que aparecía para o Hospital para os próximos anos desaparece do Sergas e aparece nunha sociedade anónima pública”. O Secretario Xeral, segundo López-Chaves,non supo contestar e tan só indicou sobre a financiación que “está asegurada” pero sen especificar cómo nin donde.