02 diciembre 2008

El profesor Fernández Iglesias desvela los planes de su dirección xeral para el 2009

COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna) .- O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, manifestou que o despregamento da Televisión Dixital Terrestre (TDT) e o desenvolvemento do Plan de Apoio á Produción Audiovisual Independente centran as prioridades do departamento que dirixe para o ano 2009. Así o salientou esta mañá o director xeral de Comunicación Audiovisual en Santiago onde participou nunha Xornada Técnica cos representantes do Clúster Audiovisual de Galicia.
No referente ao despregue da TDT na comunidade, as actuacións da Secretaría Xeral de Comunicación, que levará a cabo a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, centraranse nas emisións públicas de ámbito autonómico, as emisións de ámbito local e a extensión de cobertura das emisións de ámbito estatal. Así mesmo, desde este departamento autonómico proporcionase apoio á Compañía de Radiotelevisión de Galicia no financiamento da produción audiovisual independente a través do Plan asinado entre o Goberno galego e a Compañía o pasado mes de xuño.
Dinamización e ampliación da Rede de Telecentros
A Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual é a encargada de dinamizar e ampliar a Rede de Telecentros de Comunicación. Actualmente, a Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, dispón de telecentros situados nas localidades da Coruña, Abegondo, Arzúa, Boiro, Carballo, Ribeira, Santa Comba, Muros, Santiago, Vedra, Betanzos, Vimianzo, A Fonsagrada, Foz, Lugo, Melide, Monforte de Lemos, Monterroso, Viveiro, Chantada, Quiroga, Santa Comba, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Ourense, Verín, Xinzo de Limia, A Estrada, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, Marín, Redondela, Tui e Vigo.
Así mesmo, correspóndelle ao departamento que dirixe Manuel José Fernández Iglesias o impulso do Centro Galego de Artes da Imaxe, así como a potenciación da presenza na rede do audiovisual galego a través de iniciativas como cinegalegonarede, medidas todas elas encamiñadas a promover a difusión do audiovisual propio.