15 diciembre 2008

Portavoz parlamentario do PP reta ao BNG para que non aprobe as contas do Estado so pena de chamarlles "tontos útiles"

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O portavoz parlamentario do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, instou hoxe ao BNG a explicar se vai apoiar ou non no Congreso os Presupostos Xerais do Estado de 2009, tento en conta que hoxe, 15 de decembro, rematou o prazo ofrecido polos nacionalistas ao Goberno central para materializar os compromisos sobre os que se sustentou ese acordo.

Así, o BNG puxera como condición indispensable para apoiar as contas públicas estatais que antes do 15 de decembro estivese constituída a subcomisión de seguimento das infraestruturas de Galicia – aprobada por unanimidade no Congreso dos deputados en xuño, pero paralizada desde entón polo PSOE-, pero tamén que fosen desbloqueadas as transferencias pendentes de asumir pola Comunidade Autónoma.
Sen embargo, a 15 de decembro, ningún deses compromisos ten sido materializado, polo que o PPdeG insta ao BNG a explicar se se vai deixar enganar polo PSOE unha vez máis.

TONTOS ÚTILES AO SERVIZO DO PSOE

A xuízo de Ruiz Rivas, se a pesar dese engano de Zapatero o BNG opta por apoiar as contas estatais de 2009, os nacionalistas galegos estarían actuando como tontos útiles ao servizo do PSOE. E acreditaríase, ademais, que o BNG non sirve para nada cando se trata de defender os intereses de Galicia en Madrid, supeditados unha vez máis á paixón dos nacionalistas por pisar moqueta e utilizar coche oficial.

O DILEMA DO BNG

Neste contexto, Ruiz Rivas apuntou que na votación definitiva dos Presupostos Xerais do Estado de 2009, os deputados do BNG no Congreso dos Deputados deberán elixir entre seguir actuando como tontos útiles ao servizo de Zapatero, de Magdalena Álvarez e de Touriño, ou comportarse como políticos responsables que antepoñen os intereses de Galicia sobre calquera outra consideración.