VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Asemblea Local de Galiza Nova de Vigo, ven de presentar os actos que van desenvolver ao longo desta semana para a celebración do XX aniversario da súa fundación.
EXPOSICIÓN NO CUVI
A partires do mércores 10 e durante sete días, instalarase na área comercial do CUVI unha exposición con dez paneis onde se presenta graficamente a historia de Galiza Nova.
A exposición non está organizada de xeito cronolóxico, senón reflectindo o papel que a organización xuvenil do Bloque tivo nos principais procesos mobilizadores e asuntos destas dúas décadas.
CHARLA: “XX anos organizando mocidade, XX anos facendo patria”
O venres 12 de decembro, a partires das 19h no Centro Cívico do Casco Vello, terá lugar un acto público en formato charla-coloquio, no que se abordará o traballo desenvolvido por GN durante estes 20 anos.
Na charla falarán: Anxo Igrexas Covelo (Ex Responsábel Comarcal de GN de Vigo), Manuel Caride Correa (Ex membro da Dirección Nacional de GN) e Iria Aboi Ferradás (actual Secretaria Xeral de GN).
CONCERTO
Tamén o venres 12, a partires das 22:30h, terá lugar un concerto na Sala Mondo (Rúa Joaquín Lóriga) que contará coas actuacións dos grupos “Leo i arremecághona” e os “Ruxe-Ruxe”.
A entrada ten un prezo de 3€, incluíndo un agasallo para todas/os as/os asistentes.