09 diciembre 2008

Tensión máxima en Mos : el PP exige la presencia de las Fuerzas de Orden Público en el pleno de este viernes

MOS/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A dirección do Partido Popular de Mos fixo público que o seu grupo dirixiuse, dende o pasado xoves 4 de Decembro ata hoxe martes, a diferentes forzas da orde para requerirlles mediante notificación escrita que interveñan para garantir que o pleno de votación da moción de censura que terá lugar o vindeiro venres, día 12 de Decembro, se celebre con tódalas garantías de seguridade e que tanto o inicio coma o debate e a votación se desenrolen con total normalidade.

A dirección local do PP informou esta mañán de que a petición lles foi trasladada por escrito á alcaldesa presidenta da Corporación Municipal, María Jesús Escudero, á policía local do Concello, ó delegado do goberno na comunidade autónoma, Manuel Ameijeiras e ó subdelegado de goberno na provincia de Pontevedra, Delfín Fernández. Dita solicitude ven xustificada polo "clima de crispación social que causou que se chegase ó extremo de que os que presentamos a moción de censura o pasado 28 de Novembro fosemos inxuriados e ameazados", segundo explicou a directiva popular; "e que fai prever a razoable posibilidade de que poidan chegar a producirse disturbios e alteracións indesexables da orde pública, que ameacen ó normal desenrolo da sesión plenaria do 12 de Decembro ou que incluso impidan o inicio da mesma", aclararon os populares, quenes lembraron tamén procesos semellantes ó que actualmente vive Mos, coma a moción de censura no Concello de Calvos de Randín, Ourense. No caso do municipio ourensán a votación da moción de censura non puido desenvolverse ó impedir os veciños o acceso ó salón de plenos dos concelleiros que en ela debían intervir.
Os membros do PP Mosense queren recordarlle especialemente a María Jesús Escudero o artigo 197 apartado 5 da Lei Orgánica 5/85 do Réxime Electoral Xeral, que establece que "o alcalde, no exercicio das súas competencias, atópase na obriga de impedir calqueira acto que perturbe, obstaculice ou impida o dereiro dos membros da Corporación a asistir á sesión plenaria na que se vote a moción de censura e a exercer o seu dereito ó voto na mesma".