BRUSELAS (MORRAZO-tribuna).- Un total de nove adegas galegas pertencentes ás cinco denominacións de orixe (Rías Baixas, Ribeiro, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei) presentaron esta mañá na sede da Fundación Galicia Europa, en Bruxelas, os seus viños ante importadores europeos e prensa especializada. Este acto, promovido polo Centro de Negocios Galicia Europa co apoio da Dirección Xeral de Produción e Calidade Agroalimentaria, pretende facilitar a introdución nos mercados europeos dos viños galegos e, no seu decurso, profesionais deste ámbito recibiron unha explicación técnica sobre diferentes aspectos que distinguen aos viños de cada comarca por parte do campión galego de sumilleres, David Barco Araújo..
O secretario xeral de Relacións Exteriores, Julio Fernández Mato, e o director xeral de Produción e Calidade Agroalimentaria da Consellería do Medio Rural, Antonio Oca, participaron no acto que congregou na sede da Fundación Galicia Europa de Bruxelas a medio cento de persoas. Na súa intervención, Fernández Mato destacou as iniciativas postas en marcha por diferentes departamentos do Goberno da Xunta para facilitar a internacionalización das empresas galegas.
“Desde a Xunta de Galicia somos conscientes da necesidade de promover medidas que axuden a saír ás nosas empresas ao exterior, sobre todo no marco dunha conxuntura económica como a actual”, sinalou Fernández Mato. Entre estas iniciativas, o secretario xeral referiuse ao Centro de Negocios Galicia Europa, plataforma que pretende promover a introdución nos mercados europeos de pequenas e medianas empresas, cooperativas e grupos profesionais galegos que aposten pola internacionalización. Tal e como destacou Fernández Mato, “o Centro de Negocios da Fundación Galicia Europa xa é unha realidade e está sendo presentado a diferentes sectores galegos de actividade con grande aceptación”.
Paralelamente, o secretario xeral congratulouse de que o sector do viño sexa o primeiro que realiza unha presentación formal en Bruxelas no marco deste Centro de Negocios posto que, segundo asegurou, “o viño en Galicia é cultura pero tamén futuro”.
Pola súa banda, o director xeral destacou o pulo que a viticultura galega de calidade está a experimentar nos últimos anos grazas á aposta do Goberno galego por este sector, a través tanto de medidas estruturais como de promoción dentro e fóra dos mercados nacionais. Neste sentido, Antonio Oca sinalou que na última campaña as catro D.O.s galegas exportaron máis de 37.000 hectolitros de viño, o que supuxo un incremento do 10% con respecto á anterior campaña. Do total da exportación, tan só o 28% vai destinado a mercados de países da EU, polo que o director xeral valorou moi positivamente a celebración de presentacións como a realizada en Bruxelas, polo que supón de oportunidade de establecer relacións comerciais para as adegas participantes e de difusión dos caldos galegos.
Feira Alimentaria de Kokorello
As bodegas Vilarvín, Adegas D´Altamira, Eidos, e Terra de Asorei da D.O Rías Baixas; Vitivinícola do Ribeiro da D.O Ribeiro; Virxen de Galir e A Coroa da D.O. Valdeorras; e Triay e Ladairo da D.O Monterrei presentaron os seus viños en Bruxelas no decurso deste acto. Con posterioridade, os bodegueiros trasladarnse a un stand financiado pola Fundación Galicia Europa na prestixiosa feira alimentaria de Kokorello, que se desenvolve na localidade belga de Gante ata o vindeiro día 8 de decembro.