VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).-A Deputación Provincial de Pontevedra manterá de garda o operativo de brigadas co obxecto de atender as posibles incidencias que con motivo do temporal se poidan producir nas estradas provinciais durante a fin de semana.
Permanecerán alerta unha brigada en cada zona (norte, sur e centro da provincia) que actuarán coa maior rapidez ante os prexuízos que poida causar as incidencias meteorolóxicas. Estas dispoñen de medios como retroescavadoras, palas, cargadoras, serras, camións, retropalas e sal.
Ademais, en cada zona da provincia permanecerá de retén outras tantas brigadas co obxecto de reforzar o traballo no caso de que fose necesario. No día de hoxe, as incidencias máis importantes tiveron lugar nas seguintes estradas:
EP 6202 Rodeiro-Oseira, onde as brigadas tiveron que esparcir 1.500 quilos de sal.
EP 6009 Lalín-Rodo onde cinco operarios están traballando distribuíndo sal e retirando neve con un camión, un distribuidor de sal e unha motoniveladora.
EP A Cañiza-Crecente e EP 5003 A Cañiza –Arbo, onde se repartiron 2.375 quilos de sal. Así mesmo, nestes puntos os operarios tamén traballaron na retirada de neve.