VIGO (MORRAZO-tribuna) .- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, reunirase mañá co presidente da Autoridade Portuaria, Xesús Paz, para coñecer de primeira man as conclusións do Plan de Utilización de Espazos Portuarios presentado a semana pasada. A xuntanza terá lugar ás 11:00 horas na sede da Autoridade Portuaria.
O tenente de alcalde solicitou formalmente unha entrevista co presidente portuario tras a presentación o pasado vernes, no consello de administración da Autoridade Portuaria, do Plan de Usos. Santi Domínguez quere que Xesús Paz lle explique cales son as principais propostas dun plan que o Bloque Nacionalista Galego ten reclamado insistentemente nas últimas décadas como o punto de partida de calquera actuación que se queira desenvolver no Porto.