LOUZÁN, PEÑA E PÉREZ INAUGURAN A RUTA DA PEDRA E DA AUGA QUE FOI ACONDICIONADA POLA DEPUTACIÓN E POLOS CONCELLOS DE MEIS E RIBADUMIA
VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, percorreu e inaugurou hoxe a ruta de sendeirismo da Pedra e da Auga que da comezo na rotonda dos Castaños en Barrantes e remata no mosteiro de Armenteira. Tamén fixeron este percorrido os alcaldes de Meis e Ribadumia, Salomé Peña e José Luis Pérez, respectivamente e arredor de 150 persoas.
A denominada ruta da Pedra e da Auga foi acondicionada pola Deputación en colaboración cos concellos en varias fases. A última fase de recuperación realizouse a través da contratación de 10 operarios que acometeron fundamentalmente traballos de limpeza e desbroce dende a Aldea Rural de Meia ata o mosteiro de Armenteira xa que a senda tiña dificil ou imposible acceso nalgúns puntos.
Rafael Louzán recordou que con esta actuación “pretendíamos que a ruta estivese totalmente habilitada e acondicionada para o Día das Cabezas,
Novo proxecto
O presidente da Deputación, que felicitou ós concellos de Meis e Ribadumia polos traballos xa acometidos. Nesta ruta existen uns corenta muíños dos cales a metade xa están recuperados.
Según explicou, esta ruta forma parte dun plan para unir nun futuro próximo a través dunha senda peatonal, o muiño da Seca, en Cambados, cos de Santo Tomé, Sisán, Ribadumia e Meis ata Armenteira _”unir por senda peonil o mar coa terra”, dixo_. Esta futura senda xa está executada e operativa nun 70% do seu trazado.
Así mesmo, Louzán anunciou a intención da Deputación de pavimentar os accesos ó mosteiro para que a zona quede perfectamente acondicionada.
Así mesmo, anunciou que a ehabilitación de muíños e acondicionamento de paseos fluviais nos municipios de Meis, Meaño e Ribadumia terá continuidade a través da contratación doutros 40 traballadores nun obradoiro de emprego, como xa se fixo en anos anteriores.
O presidente da Deputación destacou que a comarca de O Salnés tén moitos atractivos culturais, medioambientais, turísticos e de ocio non só circunscritos ó litoral senón tamén ó interior da comarca.
Lenda viva dos muíños de Armenteira
O acto de inauguración da ruta de sendeirismo da Pedra e da Auga contou coa presenza dun veciño de Couso, Urbano Dávila Prado, que ten 97 anos. Urbano, é un coñecedor desta ruta e colaborou coa Deputación para recuperar os nomes dos muíños que están situados neste entorno e tamén colaborou cos encargados de acondicionar a antiga senda xa que coñecía exactamente cal era o traxecto que se facía antigamente e que ata hoxe era intransitable pola existencia de maleza.
Rafael Louzán quixo homenaxear a este veciño pola colaboración prestada e fíxolle entrega dunga figura de sargadelos na que se podía ler “A Urbano Davila Prado: Lenda Viva dos Muíños de Armenteira”. Segundo comentou o presidente, Urbano chegou a ver como se construíu algún dos muíños instalados neste conxunto.