07 abril 2009

El Bloque espera que Pepiño Blanco empuje el AVE y acabe con el retraso

Valoración BNG remodelación Goberno do Estado
JORQUERA ESPERA QUE “SE DEA IMPULSO ÁS INFRAESTRUTURAS PENDENTES NA GALIZA E QUE SE CUMPRAN OS ACORDOS PACTADOS CO BNG EN MATERIA DE ORZAMENTOS DO ESTADO”

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, afirmou hoxe, respeito á remodelación do Executivo Central, que “non deixa de ser sintomático que se proceda a un cambio do Executivo cando só transcorreu un ano despois de iniciada a lexislatura”

Neste sentido, considerou que “está claro que o PSOE errou á hora de ver a situación económica, errou á hora de negociar a investidura por non asegurar apoios estábeis, e errou por escoller un Gabinete de perfil baixo”.

“Esperamos que se dea impulso ás infraestruturas pendentes en Galiza”

Sinalou que “é evidente que desta volta Zapatero aposta por un Gabinete con máis perfil político”. Nese sentido, expresou o desexo do BNG de que “se dea impulso ás infraestruturas pendentes na Galiza e que se cumpran os acordos pactados co BNG en materia de Orzamentos do Estado”.
En relación á carteira económica, salientou o “manifesto cansazo que viña acusando Pedro Solbes e que xa se albiscou ao final da pasada lexislatura. Foi un erro que Zapatero o revalidara para continuar ao fronte dun Ministerio fundamental en tempos de crise económica”.
Respeito á presenza de dous galegos nos Ministerios de Fomento e Economía e Facenda, Jorquera subliñou que para o BNG “o importante pasa porque se adopte unha posición rigorosa e esixente e non pasa porque haxa galegos en altos cargos. Non obstante, desexamos que as cousas se fagan ben e que supoña unha maior atención ás cuestións pendentes no territorio galego”.
Por último, o portavoz do BNG no Congreso dos Deputados considerou que a incorporación da secretaría de universidades ao Ministerio de Educación “ven dar á razón ao BNG que dende un principio considerou ilóxica a inclusión de universidades no Ministerio de Ciencia”.