Recoñece que a mala negociación das cotas lácteas condiciona a situación, pero agarda poder acodar un paquete de medidas a custo prazo para trasladalas ao Goberno central e a Bruxelas
Participou na Feira do Viño de Amandi, en Sober, onde reiterou o seu compromiso de promulgar unha lei específica do viño, consensuada cos consellos reguladores e que conxugue a condición de bebida alcohólica coa de alimento saudable
SOBER-LUGO (MORRAZO-tribuna) .- O presidente do PPdeG e próximo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, sinalou hoxe que a búsqueda de solucións para garantizar a supervivencia do sector lácteo galego será un dos asuntos prioritarios da axenda do próximo Executivo autonómico, dadas as serias dificultades ás que se enfrontan moitos gandeiros da Comunidade para dar saída ao leite que producen.
A tal efecto, Feijóo anunciou que o próximo Executivo do PPdeG convocará nas vindeiras semanas aos sindicatos agrarios co obxecto de tratar de buscar un paquete de medidas que serán trasladadas posteriormente ao Goberno central e á Comunidade Europea para negociar e tratar de paliar a grave situación do sector lácteo galego.
O presidente electo da Xunta de Galicia amosouse persuadiudo das dificultades desta proposta, dado que a negociación das cotas lácteas resultou prexudicial para Galicia e propiciou que os excedentes lácteos de Francia invadan os mercados españois.
CUESTIÓN DE SUPERVIVENCIA
Con todo, insistou en que a magnitude do problema ao que se enfrontan os gandeiros galegos esixe buscar solucións, dado que está en xogo a “supervivencia dunha das sinais máis claras de Galicia”, onde se produce o 50% do leite do conxunto de España.
Feijóo efectuou estas declaracións no transcurso dunha visita que hoxe efectou á Feira do Viño de Amandi, que se celebra en Sober (Lugo). Alí, reiterou tamén que o PPdeG cumprirá o seu programa electoral no referido ao sector do viño e, para iso, promulgará unha lei específica para este produto.
LEI DO VIÑO ESPECÍFICA
Esa futura norma legal que a Xunta do PPdeG negociará coas distintas denominacións de orixe, “os interlocutores máis autorizados da Administración” nesta materia, conxugará as dúas realidades do viño: a súa condición de bebida alcohólica, coa dun alimento saudable cando se consume con responsabilidade. “O do viño é tamén un sector prioritario co que non podemos baixar a garda”, subliñou o líder dos populares galegos.
REEQULIBRIO TERRITORIAL
Preguntado sobre os plans do futuro Executivo galego en relación coas comarcas do interior de Galicia, Feijóo insistiu na necesidade de implantar un verdadeiro plan de reequilibrio territorial, dado que, nos últimos catro anos, a renda das provincias interiores -Lugo e Ourense-decreceu respecto á da franxa atlántica. Nesta liña, aludiu ao carácter estratéxico de sectores como o vitivinícola ou o turístico, que deberán ser protexidos polo futuro Goberno no marco de políticas de discriminación positiva dos territorios do interior, que inclúa tamén unha forte aposta pola dotación de infraestructuras.
Feijóo referiuse ao potencial da Ribeira Sacra, “un dos lugares máis emblemáticos de Galicia e un dos lugares a protexer e ensinar en Europa e no mundo”, dado que, na súa opinión, se atopa entre as áreas con maiores posibilidades turísticas de Galicia e de España.