MOAÑA (MORRAZO-tribuna) .- O concelleiro de Obras e tenente de Alcalde de Moaña, Víctor Pastoriza, informou hoxe da súa satisfaccion e do goberno municipal pola importante labor de desbroce das cunetas da PO551 que esta levando a cabo a COTOP na PO551 "tal e como nos comprometera a delegada na ultima visita que mantuvemos na delegacion.
A actuacion centrase estes dias na curva da churrera, onde xa actuara o concello coa retirada das mimosas que invadian o firme e que nesta ocasion quedan totalmente erradicadas do territorio competencia da Cotop".
Pastoriza tamén informou que o seu departamento esta volcado no acondicionamento do barrio de Tiran, no entorno do recorrido da procesion dos Remedios."Estamos tamen rematando unha importante actuacion nas pluviais de Broullon, traballos que esperamos rematar a vindeira semana. E mañán terminará de acondicionarse as praias de Samertolameu, A Xunqueira, O Con, A Tella en Domaio e o Canabal en Tiran", sinalou o Tenente de Alcalde.
E ainda que os festivos están ahí, o concelleiro Pastoriza advertiu que "aproveitando o paron da praza do xoves e venres, mañan a tarde o remate da actividade comercial levaremos a cabo a reparacion definitiva das canaletas do saneamento e augas do interior da praza de abastos, rematando a totalidade dos compromisos que teño adquirido para o interior da praza coa directiva da asociación de vendedores da praza de abastos".