07 abril 2009

Mujer de 34 años accidentada en Pontevedra

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O Servizo de Urxencias Sanitarias 061-Galicia atendeu un total de 15 accidentes de tráfico e outras 156 urxencias entre as 00:00 horas e as 14:00 horas de hoxe. Ademais das actuacións de accidentes de tráfico, o 061-Galicia acudiu a 156 chamadas de urxencias que mobilizaron recursos, e rexistrou 318 consultas telefónicas. O máis salientable:
- Ás 12:12 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun accidente de tráfico no concello de PONTEVEDRA, na avenida de Montecelo. Para atender a vítima, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia asistencial, que logo dunha primeira asistencia, se trasladou a unha muller de 34 anos, S.C.I., cun traumatismos nas costas, ao Complexo Hospitalario de Pontevedra.