01 abril 2009
Nuevamente, Deputación se implica
en la mejora del Comercio
Publicado por
C&CdeGaliza
en
1.4.09
Etiquetas:
ECONOMIA,
RIAS BAIXAS
Recordou que “xa o demandabamos no Plan Director de Comercio”
LOUZÁN REINCIDE NAS REIVINDICACIÓNS DO SECTOR DE REGULAR A FORMACIÓN NO COMERCIO E APOSTA POLA CREACIÓN DO GRADO UNIVERSITARIO EN VIGO
VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, acompañado do vicepresidente, José Manuel Figueroa, e do delegado de Comercio, Xosé Carlos Silva, oficiou hoxe na sede provincial de Vigo á inauguración da xornada sobre «A Formación no Comercio», organizada polo Área de Comercio da Deputación Provincial.
O acto serviu a Louzán para reincidir novamente nas esixencias do sector á hora de demandar a regulación da formación no comercio, ó tempo que recordou “a necesidade de crear o grado universitario desta carreira tan solicitada para Vigo”.
Neste senso, apuntou, “xa o demandabamos no noso Plan Director do Comercio para a provincia, un plan deseñado segundo a opinión de todas as asociacións da provincia, recollida nos «Encontros co Comercio», onde diferentes colectivos expuxeron as súas necesidades”.
Louzán recordou que “para iso, faise necesario determinar, como paso previo, as ocupacións e lugares de traballo do sector e definir as competencias técnicas necesarias para o seu exercicio, como os coñecementos, competencias clave, contexto e realización profesional” e manifestou a súa confianza en que “esta xornada servira para sentar as primeiras bases dese proxecto mediante a análise da formación en comercio desde diferentes ópticas”.
Este foro de debate contou coa experiencia de Nuria Beltrán, economista, directora-xerente da Fundación Escodi (Escola Superior de Comerç i Distribució), único centro catalán dedicado exclusivamente á formación e reciclaxe dos profesionais do comercio, que imparte desde 2007 as clases da primeira titulación de grado universitario en comercio de España, concretamente a de Graduado en Dirección de Comercio e Distribución, titulación propia da Universidade Autónoma de Barcelona de primeiro ciclo, de 3 cursos de duración. Desde a súa creación, a Escodi tivo casi 14.000 alumnos, entre comerciantes, responsables municipales y técnicos de asociaciones.
Tamén participaron na xornada Patricio Sánchez Bello, director da Escola Universitaria de Estudos Empresariais quen falou da formación como piar de negocio nas pequenas e medianas empresas; Pilar Gil, técnico de Formación do Instituto das Cualificacións da Consellería de Traballo e secretaria da Comisión sectorial de cualificacións e formación profesional de Comercio e Marketing, quen abordou a situación actual no eido formativo do sector; Manuel Rodríguez, director do IES “A Guía” de Vigo, e profesor da especialidade de Organización e Xestión Comercial da familia profesional de Comercio e Marketing e Alexánder Lizarralde, alumno de F.P. Ciclo Superior en Xestión Comercial e Marketing, quen falaron, respectivamente, do comercio na formación profesional e de boas prácticas na F.P., analizando o caso da simulación de empresas.
Regulación do Grado de Comercio
Na actualidade, Galicia conta cun catálogo de 13 especialidades do área de Comercio e Mercadotecnia en Formación Profesional, das que 5 dan acceso á obtención del certificado de Profesionalidade. Para impartir estas 13 especialidades existen 59 centros homologados pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia.
En 2008, puxéronse en marcha na provincia un total de 32 cursos relacionados coa rama de Comercio e Mercadotecnia dentro da programación do Plan FIP, o que implica que se formaron un total de 480 demandantes de emprego co obxecto de traballar neste sector.