O PP lamenta a saída de tono do conselleiro de Presidencia e que intente poñer en dúbida a honorabilidade do deputado autonómico .
Hernandez cumpriu e cumpre a Lei de incompatibilidades
Os populares galegos afirman que o conselleiro de Presidencia en funcións sabe o debe saber o que dicían e din as Leis e non ten sentido mentir ou intentar confundir, así como facer acusacións falsas.
VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O Partido Popular de Galicia lamenta a actitude amosada polo conselleiro de Presidencia en funcións, Xosé Luis Méndez Romeu, e reitera que “Hernández cumpliu e cumpre a Lei de incompatibilidades”.
Os populares galegos afirman que o conselleiro de Presidencia en funcións sabe o debe saber o que dicían e din as Leis e non ten sentido mentir ou intentar confundir, así como facer acusacións falsas.
Ante as falsedades de Méndez Romeu, os populares galegos recordan o que dí a Lei 9/1996, de 18 de outubro, de incompatibilidades dos membros da Xunta de Galicia e altos cargos da administración autonómica:
CAPÍTULO II. RÉGIMEN DE ACTIVIDADES. Artículo 3. Principios generales.
5. Durante los dos años siguientes a la fecha de su cese, los cargos comprendidos en el ámbito de aplicación de esta Ley no podrán realizar actividades privadas relacionadas con expedientes sobre los que hubieran dictado resolución en el ejercicio del cargo ni firmar contratos de asistencia técnica, de servicios o similares con las administraciones públicas.