23 julio 2009

Alcalde de Santo Domingo es recibido con honores en Deputación

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra, recibeu hoxe no Pazo Provincial a Roberto Salcedo, alcalde-presidente da cidade de Santo Domingo (República Dominicana).
A delegación dominicana percorreu na provincia, entre outros lugares, A Guarda , a Escola de Canteiros, o Museo de Pontevedra ou a Casa-Museo de Valle-Inclán en Vilanova de Arousa.
Roberto Salcedo foi nomeado recentemente presidente da Confederación Iberoamericana de cidades, entidade que se constituirá o próximo ano en Santo Domingo. A asemblea xeneral da unión de 29 capitais iberoamericana entregará a esta cidade, representada na persoa do seu alcalde, a presidencia, que Salcedo vai compartir conxuntamente co alcalde de Madrid, Alberto Ruíz Gallardón.
O alcalde dominicano visitou tamén A Guarda, vila irmanada coa capital de Santo Domingo baseándose na importancia dos emigrantes guardeses na vida económica, social e cultural desa cidade caribeña. Os emigrantes guardeses chegaron á República Dominicana por medio de cadeas migratorias de familiares e adicaronse ó comercio. Os primeiros en establecerse foron os irmáns Joaquín e Prudencio de Vicente, entre 1861 e 1865. Máis tarde, acadaron notables éxitos empresariais os irmáns Baquero Alonso, en 1928, naturales de San Juan de Tabagón, ou Camilo Carrero e Benxamín Portela, de Camposancos e Salcidos, respectivamente.
Na segunda metade do século XX, os emigrantes guardeses foron decisivos para constituir na República Dominicana o Centro Galego Noso Lar e a Sociedade Benéfica Pro Emigrantes Españoles.