27 julio 2009

Bloque : Vázquez fala de "venceremos a Feijóo" no Día da Patria

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, subliñou na fin de semana na Praza da Quintana que “se fomos quen de sobrevivir e vencer a Fraga, venceremos a Núñez Feijóo e volveremos a gobernar Galiza”.

O líder nacionalista interviu ante unha praza da Quintana ateigada por unas 20.000 persoas ás que lle pediu “adicar todo o noso esforzo a traballar polos intereses da maioría social de Galiza e a gañar a confianza de miles de galegos e galegas que cren que o nacionalismo é a solución para conseguir unha Galiza máis libre e máis próspera”.

Clauficación e conformismo de PP e PSOE na defensa de Galiza

Guillerme Vázquez asegurou que “o Goberno de Feijóo non está a dar a talla” e lembroulle que “se está ao fronte do Goberno galego é para defender os intereses de Galiza e non para facer carreira política persoal, pregándose ao que lle ordenen dende Madrid”.

Así, denunciou que “aceitara, sen contraproposta algunha, un novo retraso na modernización do noso ferrocarril, e o celebre como un feito histórico”. Na mesma liga acusou a Núñez Feijóo de “non defender os intereses de Galiza, aceitando sen resistencia un financiamento inxusto para o noso paíse pregándose mansamente ás ordes do PP en Madrid”.

O BNG non aceiterá o Estatuto de segunda que xa andar a argallar PP e PSOE

Ademais, Guiillerme Vázquez advertiu de que “o BNG non aceitará un Estatuto que andan xa a argallar PP e PSOE e que consolide a Galiza na Segunda División” entre as Comunidades do Estado.


“Que saiban que para ese fin non van contar co BNG. O PSOE é libre de pactar co PP o que queira, pero será o PSOE quen teña que explicarse diante da sociedade galega”, advirtiu o portavoz nacional do BNG.

Por último, Guillerme Vázquez salientou que “fronte á claudicación e ao conformismo de PP e PSOE, e qué demoledor para os intereses de Galiza, o BNG nin claudica nin se conforma”. “Os dereitos -concluiu- non se regalan, conquístanse”.

“Temos que loitar unidos fronte ás agresións do PP”

Pola súa parte, a coordinadora da Executiva do BNG, Teresa Táboas, incidiu durante a súa intervención na necesidade de que “traballemos e loitemos unidos fronte ás falcatruadas que está a facer o Goberno do PP”.

Fronte ás agresións do Goberno de Feijóo, Teresa Táboas pediu “unha mobilización pola lingua e polo emprego porque senón quedaremos cun país sen sinais de identidade e empobrecido”.

Por último, a secretaria xeral de Galiza Nova, Iria Aboi, volveu esixir o dereito da mocidade galega “a vivir e traballar na nosa Terra” e denunciou que as políticas do Goberno do PP “non solucionan os nosos problemas porque o único que nos ofrecen é máis precariedade laboral e máis emigración”.