17 julio 2009

XUNTA insiste en firme condena de la violencia de género

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, remarcou hoxe o compromiso da Xunta de Galicia coa erradicación da violencia de xénero e coa defensa da plena liberdade das mulleres. A responsable de Igualdade do Executivo autonómico fixo estas declaracións durante a concentración de condena do asasinato onte dunha muller na Coruña, durante a cal se mantivo un minuto de silencio e na que participaron entre outros, o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez e a conselleira do Mar, Rosa Quintana.
Marta González apuntou que a muller asasinada onte na Coruña é a terceira vítima da violencia de xénero en Galicia no que vai de ano, e apuntou que, se ben non está confirmado, todos os indicios apuntan a que a súa parella como autor do crime.
Nas súas declaracións, a secretaria xeral de Igualdade reafirmou a vontade do Goberno galego, para, a través do seu departamento, impulsar políticas que deriven na eliminación da violencia de xénero e na busca de medios e alternativas que lles permitan ás mulleres galegas o exercicio dos seus dereitos como cidadás nun estado democrático.