29 julio 2009

Los dueños de Zara colaboran para la mejora genética de especies forestales en Galiza

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A colaboración entre a Consellería do Medio Rural e Inditex en materia de mellora xenética das especies forestais ampliarase para abarcar árbores coma o pradairo, a cerdeira e o freixo. Así llelo comunicou hoxe aos representantes da empresa téxtil o director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto Juanas, con quen mantiveron unha xuntanza.

Segundo o acordo asinado entre ambas partes, Inditex comprometeuse a aportar un total de 100.000 euros ao ano durante as anualidades de 2008, 2009 e 2010 para financiar traballos de creación de hortos sementeiros e rodais selectos para a produción de semente forestal de alta calidade de diferentes especies, entre as que se atopaban, ata o de agora, o piñeiro (tanto o pinus pinaster coma o radiata ou o pinus nigra), o populus tremula ou o castiñeiro silvestre (castanea sativa). Agora, o ámbito de colaboración amplíase coas especies reseñadas. Tratáronse tamén novas posibilidades para ampliar a colaboración de Inditex de cara ao futuro.

Na xuntanza de hoxe estiveron presentes, por parte de Inditex, o Director General Counsel, Antonio Abril Abadín, e o director da área medioambiental, Antonio Álvarez Sánchez.

Plan de Mellora Xenética
Os traballos de mellora aos que fai referencia este acordo desenvólvense en terreos propiedade da Xunta, e forman parte das liñas estratéxicas do Goberno Galego no marco do Plan de Mellora Xenética Forestal que está a desenvolver a Consellería do Medio Rural.