27 julio 2009

Deputada Davila dille a Fomento que deixe de amolar aos veciños de S. Estevo de Negros

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que insta ao Ministerio de Fomento a cumprir as normas de Protección, recollidas na Declaración de Impacto Ambiental, na construcción do AVE á altura de San Estevo de Negros en Redondela debido a que non paran nas horas nocturnas.

Obras que non paran en 24 horas e incumpren a normativa

A deputada do BNG explica que as obras do AVE no tramo coñecido como “Val do Maceiras” se están a executar durante as 24 horas, ininterrumpidamente, “pese a que a Declaración de Impacto Ambiental prevé que non se traballe de noite”.

Esta circunstancia está a prexudicar aos veciños que teñen que soportar uns níves de ruido que non paran en ningún momento. Afirma Davila que “a Comisión de afectados dirixiu varios escritos a todas as instancias administrativas, así como a empresa contratada, denunciando o incumprimento das medidas de protección”.

A parlamentar nacionalista sinala que “nos consta que desde o concello se fixo todo o posíbel pero tanto uns como outros se atoparon coa indiferenza da empresa e da Administración central que despois de meses non fixeron nada, o que obrigou aos afectados a recurrir á vía xudicial”.

Davila pede ao Ministerio de Fomento que adopte medidas para resolver este tema que está a afectar á saúde dos veciños.