24 julio 2009

O Bloque pretende un Día da Patria cheo de representantes de paises diversos

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- 23 delegacións internacionais acudirán o Día da Patria aos actos convocados polo BNG. Entre as delegacións figuran representantes políticos e institucionais de Catalunya, Euskadi, Portugal, Cuba, Venezuela, Palestina ou da República Saharaui, entre outros.

Catalunya, Euskadi, Portugal, Cuba, Venezuela, Palestina,…

Entre as organizacións convidadas figuran representantes de partidos políticos representativos de Catalunya como CDC, Carles Llorens, ERC, Marta Rovira e Oriol Junqueras, e UDC, Francesc Arcs. Do Pais Vasco virán representantes do PNV Joseba Zubía e Iñaki Anasagasti, de EA, Maiorga Ramire e Sebastian Colio, de Nafarroa Bai, Koldo Amezketa e Txentxo Jiménez, e de Aralar, Iñaki Aldecoa.

Asemade, asistirán representantes de Coalición Canaria, Alfredo Belda Quintana, da Chunta Aragonesista, Gregorio Briz, do Bloc Nacionalista Valenciá, Alicia Izquierdo, do Partit Socialista de Mallorca, Magí Moranta e Lucy Jane Collyer, e de Unió Mallorquina, María José Rodríguez. Tamén virán representantes do Partido do Bierzo, Iván Alonso e Javier Martínez Rodríguez.

De Portugal acudirán membros do Partido Comunista Portugués e do Bloco de Esquerda. Da República do Sáhara virán representantes da delegación saharaui para Galiza.

En representación de Cuba, acudirá o Cónsulo Xeral de Cuba na Galiza. E de Venezuela virá a Cónsul Xeral da República Bolivariana de Venezuela en Galiza. En representación de Palestina virá o membro do Secretariado de Relacións Internacionais da Fronte Popular para a Liberación de Palestina.

A Alianza Libre Europea (ALE) tamén estará representada, así como a Unión Democrática Bretona, o Partido Compatriota Pueblo Mapuche-Wallmapuwen.

Organizacións nacionais

Tamén participarán organizacións nacionais como a Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Associaçom Galega da Lingua (AGAL), a Asociación Sociopedagóxica de Galiza, Comités, o Sindicato Labrego Galego e a Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.