23 julio 2009

Juárez apuesta por los "vinos de autor" en la muestra de Meaño

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez Casado, asistiu hoxe en Meaño á inauguración da XII edición do Encontro co Viño de Autor, que terá lugar neste concello pontevedrés ata o vindeiro domingo.

Este evento, que ten como principal obxectivo a promoción dos viños albariños tradicionais da Denominación de Orixe Rías Baixas, está organizado pola Asociación de Bodegas Artesanas, que agrupa a adegueiros artesanais desta D.O.

O ‘Encontro’ desenvólvese na praza do Concello de Meaño, na que se instala unha carpa para a degustación de viños e outros produtos gastronómicos.

Mulleres rurais
Nesta edición expoñeranse exemplos de traballos das mulleres rurais do concello de Meaño e poderanse degustar produtos galegos como as filloas á pedra, polbo, empanada, pementos de Padrón, queixo, chourizos, mexillóns, percebes, xabarín e xamón.

O vindeiro domingo, último día do evento, visitará este ‘Encontro’ o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, natural de Meaño.