29 julio 2009

Curtametraxe

Cine : estrea este venres en Celanova
-

-
Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- Este venres estréase en Celanova a curtametraxe 'Sobre a morte do Bieito', baseado na obra homónima de Rafael Dieste, dirixido pola celanovesa Xudit Casas e protagonizado por Marcos Correa (das series da TVG 'Padre Casares' e 'Rías Baixas'). O estreo será no Claustro do mosteiro de Celanova ás 23 horas, cunha proxección aberta ao público en xeral.
Haberá unha presentación no mesmo venres ás 11 da mañá na Casa dos Poetas de Celanvoa (Rúa Curros Enríquez nº 37). Neste acto realizarase un coloquio coa directora, Xudit Casas, o protagonista, Marcos Correa, e o experto na obra de Dieste, Xosé Luís Axeitos (membro da Real Academia Galega).