29 julio 2009

Deputación promueve un consorcio único provincial de servicios de bomberos

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A Deputación de Pontevedra creará un Consorcio Provincial de Bombeiros, con xerencia única e xestión indirecta dos parques esistentes na provincia. O acordo foi comunicado hoxe no curso dunha xuntanza que o presidente da institución provincial, Rafael Louzán, mantivo no Pazo Provincial co Director Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva, e con representantes dos parques comarcais de bombeiros da provincia.

A creación do Consorcio Provincial rematará coa situación actual de catro consorcios que rixen os parques de Ribadumia-Vilagarcía, Bueu, Silleda (éste é o único que tén xestión directa, con traballadores contratados como personal laboral) e Porriño con catro xerencias distintas. Según informou Louzán, no novo ente participarán os concellos, a Deputación e a Xunta de Galicia.

O novo Consorcio constituiráse nos vindeiros meses, unha vez que rematen os contratos que as empresas manteñen para a xestión indirecta dos parques. Nise momento, a Deputación sacará un concurso único para a xestión indirecta de tódolos centros de bombeiros que, a día de hoxe, trala iniciativa da Deputación de constituir e participar na súa construcción, posibilitan emprego a uns 100 traballadores.

Según o presidente da Deputación, a financiación será ó 50% entre a institución provincial e a Xunta, ainda que se buscarán fórmulas para dar participación ós concellos afectados , afirmou.

No novo Consorcio Provincial, serán uniformizados os salarios e coa súa constitución preténdese chegar ó 100% de cobertura (hoxe está cuberta o 70% da poboación da provincia). A Deputación está a estudiar si é preciso construir novos parques ou ampliar o ámbeto de cobertura da actual rede. En calquer caso, o obxectivo é chegar a unha isocrona de 20 minutos de chegada dende o parque ó punto de incidencia.