29 julio 2009

Plan de subvenciones de acción social de la Deputación de Pontevedra

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A Deputación de Pontevedra fixo pública hoxe a relación de proxectos de asociacións beneficiadas polas axudas de servizos sociais especializados. En total, apuntou o presidente, son 18 entidades da comarca, para as que a Deputación destina unha achega por importe de 61.660 euros.

As asociacións beneficiadas destas subvencións son a Asociación de Alcohólicos Rehabilitados de Pontevedra, a Asociación de Afectados de Fibromialxia “CAF”, Asociación de Discapacitados Psíquicos “Virgen de la O”, Asociación Discapacitados Amizade, Escola Tempo Libre Paspallás, Asociación Española contra o Cáncer, Familiares de Enfermos de Alzheimer “AFAPO”, Asociación de Familiares e Amigos de Enfermos Psíquicos “ALBA”, Asociación Galega da Enfermidade de Huntington, Asociación Galega de emigrantes retornados (AGER), Asociación de Jóvenes Empresarios, Asociación Juan XXIII, Paralíticos Cerebrales AMENCER, Rexurdir Provincial, San Vicente de Paul de Pontevedra, Asociación de Xordos de Pontevedra “Río Lérez”, Down Pontevedra “Xuntos” e a Fundación Secretariado Gitano.

Axudas provinciais

En total, a Deputación de Pontevedra concedeu subvencións a 95 entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de diferentes proxectos de servizos sociais especializados. A contía total que achegará a estas iniciativas ascende a 315.510 euros.

A convocatoria presentáronse 113 solicitudes das cales se desestimaron 17 por non axustarse ás bases e unha anulouse pola renuncia da propias asociación que solicitante. As 95 entidades que resultaron beneficiarias contarán cunha axuda económica para a realización de actividades que se encadren no apartado de formación para a integración laboral e sociofamiliar dos alumnos, de formación de familias, coidadores e outros axentes sociais e de prevención, sensibilización e divulgación.

A participación no concurso para a obtención destas axudas por parte dos concellos da provincia foi elevada; un 40,32% as solicitaron, entre eles Caldas de Reis, Cangas, Cuntis, A Estrada, Gondomar, O Grove, A Guarda, Lalín, Moaña, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Pontevedra, Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Os colectivos ós que van dirixidas as subvencións son persoas con algún tipo de discapacidade, ás que se lles destina 199.620 €; con problemas sociosanitarios (16.050 €), có alcohol (13.200 €) ou con outras drogas (36.980 €), persoas en resgo de exclusión (17.320 €), xoves (8.200 €), inmigrantes e emigrantes retornados (9.180 €) e minorías étnicas (9.92