17 julio 2009

Tampoco soporta críticas sobre la Pinacoteca : el teniente de alcalde de Vigo vuelve a arremeter contra el PP

Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou hoxe a preguntas dos xornalistas que as críticas realizadas polo grupo municipal do Partido Popular tras o anuncio da adquisición dos inmobles para a pinacoteca son froito da “desesperación”. Na súa opión, amosan unha vez máis que “só se preocupan de criticar o que fai este goberno e les non foron quen de facer”.

Santi Domínguez dixo que “últimamente cando o PP se enfada é porque o goberno acerta”. Lembrou que só hai uns días criticaron tamén o programa das festas e como aspectos negativos falon que só estaba en galego e non incluía a procesión do Cristo, aspectos que se manteñen igual que non programas elaborados polos populares. Agora o tenente de alcalde afirma que critican o anuncio feito onte porque ”eles non foron capaces da dar resposta unha reivindicación longamente demanda pola cidade”, como é contar cun espazo no que albergar axeitadamente os fondos pictóricos.

O nacionalista invitou ao PP a que se pronuncien claramente e digan se eles defenden ou non que a cidade conte cunha pinacoteca na que se poida expoñer a valiosa colección pictórica que posúe. Tamén quere que se pronuncie abertamente sobre si a elección dun pazo do século XVII no Casco Vello lle parece unha ubicación axeitada o non. “Que non se dediquen a criticar, por criticar. Que digan cal é a súa alternativa, si é que teñen”, sinalou.

Santi Domínguez quixo precisar que o Goberno da cidade “non lle ten que pedir permiso á oposición para mercar uns edificios”, nin para definir a ubicación dun espazo.

Por outra parte, o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez precisou que na última reunión do Padroado de Castrelos xa adiantara que si existía a posibilidade de mercar un edificio para albergar a pinacoteca faríao. A este respecto precisou que nas actas de diferentes reunións do Padroado está recollida a necesidade de contar cun novo espazo no que poder amosar os fondos que agora non se poden expoñer. “É unha vella demanda do Padroado, que ata o de agora ninguén cumpriu, pero á que nós imos a dar resposta”, asegurou o concelleiro.