27 julio 2009

El Bloque dice al Gobierno que es hora de jubilar el "Helimer Galicia"

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que demanda ao Goberno que substitúa xa o vello helicóptero “Helimer Galicia” por unha aeronave nova.

Un helicóptero xa obsoleto

Jorquera lembra ao Goberno o seu compromiso adquirido hai máis dun ano de proceder á substitución deste helicóptero de Salvamento que é o máis vello do Estado “e está obsoleto para as funcións de resgate”. “No 2008 Salvamento Marítimo comprometeuse a substituir este helicóptero a comezos deste ano 2009”.

Pero, subliña, “dito compromiso continúa sen efectivizarse e a estas alturas é evidente o retraso”.

Tamén alude ao Plan Nacional de Salvamento 2006-2009 que contempla un aumento da frota de helicópteros que forman parte da rede estatal antes de que remate o ano, aínda que se descoñece o destino das novas aeronaves.

Esa é a razón pola que o deputado do BNG formular unha serie de cuestións ao Executivo. “Vai o Goberno a cumprir o compromiso de substituir o “Helimer Galicia”? De ser así, cando procedería? En caso contrario, a que se debería a negativa cando existe un compromiso de Salvamento Marítimo?”.

Asemade, pregunta ao Goberno cantos anos de servizo ten o “Helimer” e cal é a media de anos de servizo dun helicóptero de resgate. Outra das preguntas que dirixe ao Executivo é para saber a ubicación das novas aeronavas do Plan Nacional de Salvamento 2006-2009, sobre todo para coñecer se Galiza vai ser unha das beneficiadas.