17 julio 2009

Jornada sobre problemàticas vitivinícolas

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A Deputación de Pontevedra congregará o martes no Parador de Cambados a técnicos, directores técnicos e xerentes das principais empresas e cooperativas vitivinícolas da DO Rías Baixas nunha xornada que terá por obxecto debatir e estudiar os canais de difusión da información ós productores e colleiteiros dos diagnósticos sobre pragas e enfermedades para a defensa dos cultivos, así como a correcta aplicación dos tratamentos fitosanitarios que recomendan os expertos.
Na xornada, que estará presidida por Rafael Louzán e o alcalde de Cambados, Luis Aragunde, intervirán tamén José Ramón Meiriño, presidente do Consello Regulador da DO Rías Baixas, Ramón Huidobro, xerente da DO Rías Baixas e Pedro Mansilla, director da Estación Fitopatolóxica de Areeiro.
Tralas súas ponencias e presentacións técnicas, intervirán directores e xerentes de adegas do Salnés (Martín Códax, Condes de Albarei, Cooperativa Arousana, Mar de Frades, Pazo de Señoráns, Viña Almirante, Bodegas Zárate e Palacio de Fefiñanes); da subzona de O Rosal (Terras Gauda, Lagar de Cervera, Tollodouro, Santiago Ruiz, Valmiñor); do Condado (Laxas, Adegas Galegas, Coto Redondo, Eidosela e La Val); de asociacións profesionais agrarias como o Sindicato Labrego, Xóvenes Agricultores e Unións Agrarias; e outros.
Todos eles participarán nun debate para establecer posturas común acerca dos canais de información que os colleiteiros e productores deben usar para combater determinadas plagas e enfermedades _como o mildiu_ e defender os seus cultivos, e tamén para coñecer a visión de técnicos e expertos sobre a corrección dos tratamentos fitosanitarios que deben usar nas súa parcelas ainda tendo en conta os particulares microclimas ou microcondicións de cada unha delas.
O obxectivo é a mellora da producción da DO a través da investigación e experimentación de técnicas de optimización da loita frente ós patóxenos e pragas máis frecuentes, para reducir costes de producción e determinar os momentos óptimos de cada tratamento.
Esta xornada é orgaizada pola Deputación de Pontevedra para dar resposta ás necesidades e problemas dun sector, o da vide, que figura entre os máis importantes da provincia e de Galicia. A DO Rías Baixas é a maior productora de viño de Galicia, a que ocupa a máis viticultores, a que dispón de maior número de adegas, tén maior superficie de cultivo e xenera maior volume de venta de viño e máis exportacións.
A DO Rías Baixas tén unha producción de 18,5 millóns de kilos, ocupa a 6.500 viticultores, conta con 3.500 adegas e 3.500 hectáreas e exportou no ano 2008 3,2 millóns de kilos. Ademáis, da emprego a 200 personas entre enólogos, técnicos de adega e viticultura e 20 empresas adícanse profesionalmente á prestación de servizos ó sector.