16 julio 2009

Nueva ofensiva contra quienes capturen pescados por debajo de las tallas mínimas

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O director xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños; Pablo Fernández Asensio asistiu a unha reunión en Madrid, sobre comercialización, etiquetado e tallas mínimas, co obxecto de conseguir o rendemento óptimo na explotación dos recursos pesqueiros, e na conservación, protección e rexeneración dos recursos mariños.

Respecto da normativa nacional que recolle as tallas mínimas das especies pesqueiras, Galicia ten previsto propor, xunto con Asturias, diversas modificacións, para unificar as tallas mínimas biolóxicas de aplicación das distintas especies en augas exteriores que non as teñan establecidas de xeito que se dean as mesmas que nas augas interiores, para que todos os produtos teñan a mesma talla e así garantir o mercado único. Antes de elaborar o documento que se remitirá ao Goberno Central, a Consellería do Mar consensuará co sector estas tallas mínimas, para alcanzar un acordo que beneficie a todos.

Este encontro foi convocado por o director General de Ordenación Pesquera do Ministerio de Medio ambiente e Medio Rural e Mariño, Igancio Gandarias. Nel analizáronse as liñas da nova Lei de Pesca Sostible – na que está a traballar o Goberno Central- que ten coma un dos seus obxectivos principais a loita contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, mediante a implantación no noso país do plan de control para a trazabilidade que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2010.

Deste xeito, se manteñen as lonxas como puntos de venta, aparte dos centros autorizados por as Comunidades Autónomas. O obxectivo é que se cumpran as cuestións hixiénico-sanitarias, de etiquetado, tallaxe e prezo contractual. No referido as importacións de terceiros países, os productos deberán pasar por un punto de inspección fronteiriza (PIF).

Gandarias anunciou que enviou un cuestionario ao sector sobre as actividades de control oficial a realizar ao longo de toda a cadea alimentaria, cuestionarios que serán remitidos ás Comunidades Autónomas para que aporten as súas achegas.
O director general de Ordenación Pesquera lembrou aos representantes das diferentes comunidades autónomas que asistiron á reunión que toda información obrigatoria deberá facilitarse nos puntos de venta finais a través dun correcto etiquetado. Neste aspecto estase a traballar con diferentes asociacións maioristas, e proximamente a Secretaría General del mar enviará ás Comunidades Autónomas un documento de referencia.