27 julio 2009

Quintana (ROSA) aprovecha la Festa do Percebe para hacer un canto a la conservación de los recursos

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A conselleira do Mar, Rosa Quintana aposta unha mellora da explotación e de aproveitamento dos recursos mariños. Entre as medidas impulsadas polo seu departamento, Rosa Quintana destacou a loita contra o furtivismo, as medidas encamiñadas a garantir a trazabilidade e potenciar a comercialización, sempre suxeitas a unha pesca sostible e respectuosa co medio ambiente. Unha estratexia que suporá unha garantía óptima para o futuro do sector galego.

Rosa Quintana pronunciou estas palabras na XIII Festa do percebe celebrada en Aguiño, onde destacou a elevada demanda comercial do percebe galego e comprometeuse a apoiar tódalas iniciativas encamiñadas á diferenciación dos productos galegos para a mellor comercialización. A conselleira é partidaria de explotar as potencialidades de Galicia e de lanzar e consolidar Galicia como “marca de calidade” do percebe.

O prezo medio desta especie e o volume de facturación mantense con respecto a anos anteriores, pero o volume de capturas descendeu nesta zona. Se no 2007 extraéronse 65.574 quilos, no ano pasado foron 2.688. Para a conselleira os furtivos seguen a ser uns dos principias inimigos deste subsector. Quintana recalcou que o seu equipo fai especial fincapé na loita contra o furtivismo, e lembrou que coa posta en marcha do Plan de Loita contra o furtivismo intensificáronse os controis cotra os mariscadores en todo o litoral galego. Dende que o plan comezou a andar en Aguiño, o 2 de xullo, incrementáronse as inspeccións pesqueiras por mar, terra e aire. Ademais a Xunta está a controlar todos os pasos, dende que o marisco está na auga, ata que chega ao cliente.

Para a titular do Mar a clave para manter a actividade productiva e comercial desta especie é o equilibrio entre aspectos ambientais, sociais e económicos como. Só unha adecuada xestión garantirá o futuro da actividade pesqueira e acuícola flota galega.