16 julio 2009

Ponteareas :BNG critica la escandalosa subida de la tasa de basuras en el rural

PONTEAREAS (MORRAZO-TRIBUNA).- O BNG de Ponteareas, criticou "o cinismo e a desfachatez" do PP e do alcalde Salvador G. Solla, cando este recentemente declaraba, "nestes momentos de crise non son os máis idóneos para gravar ás familias de Ponteareas con novas taxas ou incrementos das mesmas". O Partido Popular está todos os días falando de austeridade e de conxelación de impostos -afirma el BNG-, pero comunican aos veciños que van a incrementar o recibo anual do lixo no rural, de 31,11 a 45,00 euros.

No seu día o BNG xa se opuxera a este incremento tan esaxerado que agora o goberno do Partido Popular anuncia que vai pasar ao cobro, poñendo a exposición pública o padrón do ano 2008 coa intención de cargar os recibos de dous anos, co que as familias terían que facer frente a unha taxa de 90 euros.

Os nacionalistas tamén tachan a actuación do goberno local de “discriminatoria e incompetente, non garantiza que todos paguemos os mismos impostos” pois “o incremento só vai repercutir sobre os que sempre pagan, mentras hai centos de casos que nin pagan IBI nin figuran no padrón de taxas”.

O BNG, diante da falla de información e da alarma social creada, solicita do goberno municipal a celebración dunha reunión con todos os colectivos sociais para tratar sobre a aplicación deste incremento nun momento de crise económica coma o actual, as deficiencias nos padróns municipais e o tratamento por igual de todas os veciños. Os nacionalistas creen que non é momento de crear máis problemas nin maior crispación social.

Bolívar González, Portavoz Municipal do BNG, declarou “o que ten que facer o goberno municipal é tratar a todos os veciños por igual, evitar despilfarros e aplicar un plan saneamento económico antes de realizar novos incrementos de taxas e impostos”