27 julio 2009

Deputación niega rotundamente las predicaciones del polémico Mosquera y asegura que seguirá invirtiendo en Pontevedra ciudad

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A Deputación de Pontevedra nega rotundamente que non vaia a investir en Pontevedra, como dí o portavoz do BNG, Cesáreo Mosquera, con motivo da súa valoración do Plan Anticrise que a institución provincial levará a pleno o vindeiro 31 de xullo.

Portavoces do goberno provincial explicaron hoxe que a Deputación nunca deixou de lado a Pontevedra nin siquera perante os catro anos pasados baixo o do Concello de Pontevedra na Xunta, periodo no que, ante a falla de inversións da Xunta, o goberno provincial manteu e incluso incrementou o seu ritmo inversor na cidade de Pontevedra.

Sinalaron tamén que o portavoz do BNG de que hai unha partida específica nos presupostos da Deputación, como ven sucendendo tradicionalmente, para inversións en Vigo e Pontevedra. E indicaron que o Concello de Pontevedra non fixo ata agora , cousa que, pola contra, sí fixo o portavoz do PP, Telmo Martín, que o 22 de novembro do ano pasado (como foi feito público) pidiu a Rafael Louzán que os fondos previstos nos presupostos, no plan anticrise ou no convenio que se asine, sexan para dotar de servizos básicos a 15.000 veciños do Concello de Pontevedra que carecen deles.

Este ano, a Deputación investirá na capital provincial e na cidade de Vigo, como o veu facendo en anos anteriores, a través dun convenio separado como os que veu suscribindo no pasado ou a través dunha negociación e acordo cos responsables municipais de ambas cidades. Os portavoces provinciais lembraron que este sistema foi demandado incluso polo propio alcalde de Pontevedra para que a Deputación acometese a nova ponte de Monteporreiro ou a variante de Montecelo.

, afirmaron, .

Neste sentido, criticaron a política de permanente victimismo do Concello de Pontevedra para intentar tapar a súa ineficacia de xestión .

Os portavoces do goberno provincial lembraron que en dez anos de goberno PSOE-BNG en Pontevedra foron incapaces de abrir unha soa gardaría pública, a cidade non tén un só centro de día do concello nin residencias de non válidos, non abriron un só colexio novo, nin arranxaron o transporte urbán ou a comunicación interparroquial, teñen paralizado o centro de saúde incluido o proxecto de ampliación e reforma do Hospital, non desenvolveron a circunvalación e o PXOU sigue igual .

En contraposición, citaron as inversión da Deputación na cidade como o Museo, Pasarón, campos de fútbol, obras no rural, piscina olímpica, vías locais, obras dos convenios, asociacións, etc. etc. , concluiron .

Respecto da execución das obras que se acorden para realizar en Pontevedra, os portavoces do goberno provincial sinalaron que previsiblemente sexan executadas pola Deputación .