29 julio 2009

Más furgonetas para entidades sociales y deportivas con el apoyo de Deputación de Pontevedra

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe na súa xunta de goberno a concesión dunha nova remesa de furgonetas Citröen para entidades sociais, culturais e deportivas da provincia sen ánimo de lucro. Este programa, no que colaboran tamén a factoría PSA Peugeot Citröen e Caixanova, supón un custe global para a Deputación de Pontevedra de 1,5 millóns de euros. A institución provincial xa leva entregados 80 vehículos e, nesta ocasión, as entidades beneficiarias dunha furgoneta Jumpy HDI, 120 Combi, de nove prazas, con aire acondicionado, son:

· Club deportivo de xordos de Poio

· Asociación Avelaíña, de axuda a personas con problemas de saúde mental, de A Guarda.

· Escola de Piraguismo Ciudad de Pontevedra

· Club Piraguismo Verducido-Pontillón, de Pontevedra

· Club de Remo Chapela

· Club Keltoi, de Vila de Cruces