27 julio 2009

Salceda de Caselas : denuncian abandono municipal sobre el río Caselas

SALCEDA DE CASELAS (MORRAZO-TRIBUNA).- O Partido Popular de Salceda esíxelle responsabilidades ao goberno municipal polo malos cheiros que desprenden as augas do río Caselas ao seu paso pola parroquia de Cabreira, por mor dos múltiples vertidos directos que alí chegan.
O Concello escúsase diante dos veciños culpando a actual Xunta polo retraso da posta en marcha da Estación Depuradora de Augas Residuais de Guillarei. Segundo o Alcalde, a solución está na depuradora desta parroquia tudense pero “Besada esquécese de dúas cousas moi importantes, primeiro do que el e os seus compañeiros de partido fixeron cando o PP gobernaba en Salceda, pois o BNG naquel entón foi o primeiro en recriminarlle ao goberno local, de maneira escandalosa e pouco ética, unha solución á situación; e segundo, recordarlle que a EDAR de Guillarei xa leva cinco anos construída, isto significa que durante toda a lexislatura do bipartito en Galicia, socialistas e nacionalistas non fixeron absolutalmente nada por botar a funcionar a depuradora”, explica a presidenta da Xestora do Partido Popular de Salceda de Caselas Enma Pereira. O pasado ano, nunha xuntaza en Porriño cos alcaldes da zona, Manuel Vázquez comprometeuse a pola en marcha a finais de 2008 comezos de 2009, “estamos en xullo e a depuradora segue parada”, subliña Pereira.
Os populares esíxenlle ao goberno local máis responsabilidade e seriedade, e que se involucren cos problemas dos veciños aportando unha solución e deixando os pretextos de lado, pois “non pode escusarse na depuradora de Guillarei porque con ela ou sen ela o que non pode é verter directamente ao río, como o está a facer actualmente xa que a depuradora de Salceda leva un par de semanas estragada, enviando as augas sen depurar ao río Caselas”, manifesta o vicepresidente da xestora local Santiago Rodríguez.